sábado, 11 de junio de 2016

VISITAMOS O ENCORO DE MEICENDE

Esta actividade forma parte do programa do Concello de Arteixo "EDUCATÍZATE"  no apartado       " SAÍMOS A COÑECER O MUNDO: ROTEIROS AMBIENTAIS"
Puidemos coñecer a diversidade de fauna e flora que forma parte deste ecosistema: vimos peixes, e parrulos, escoitamos aos paxaros e as ras. 
Vimos que na veira do encoro crecen espadanas, sabugueiros, salgueiros, ameneiros, puidemos ulir o eucalipto e comprobar como pica o toxo.
Explicáronnos  a importancia que ten o salgueiro en mediciña xa que del obtense o ácido acetilsalicilico, principio activo da ASPIRINA.
E foi moi divertido tentar lavar a roupa como se facía antigamente cando non había lavadoras nin lavanderías pero si lavadoiros.

GRUPO DE 3-4 ANOS



GRUPO DE 4-5 ANOS

viernes, 3 de junio de 2016

VISITA Á EXPOSICIÓN " TRADICIÓN, CAMBIO E INNOVACIÓN"

Hoxe visitamos a exposición de AFUNDACIÓN baixo o lema" Tradición, cambio e innovación".
Pasámolo en grande xogando coas cores, coas formas e coa música.
Descubrimos as formas na escultura de Julio Gónzalez " Cabeza llamada El tunel", aprendemos a ver de maneira diferente o cadro de Picasso " Paquet de tabac et verre", apreciamos as cores que María Blanchart utilizou en "Les deux soeurs", intentamos pintar como Miró en " Tête d´homme III" e imitamos a Kandinsky pintando con música o cadro "Weisslich"
Tamén  fixemos as nosas propias creacións e xa para relaxarnos merendamos e xogamos nos xardíns de Méndez Núñez.
Grazas unha vez máis ao persoal de AFUNDACIÓN por facer este día tan especial.

GRUPO DE 4 E 5 ANOS



GRUPO DE 3 E 4 ANOS

jueves, 12 de mayo de 2016

EDUCACIÓN VIAL

Dentro do programa do Concello de Arteixo " EDUCATÍZATE" para o curso 2015-2016, e dentro dos OBRADOIROS DE PREVENCIÓN E SEGURIDADE estes días recibimos a visita  da Policía Local con un programa de EDUCACIÓN VIAL.
Mediante un conto explicáronnos as normas que debemos seguir como peóns para circulara con seguridade, como debemos ir sentados nos coches e como debemos coidar as mascotas para vaian seguras e non ensucien as rúas.
Para rematar puidemos subir ao coche patrulla e probar a sirena e as luces de emerxencia e ata gritar alto policía!
Divertidísimo!
 AULA DE 4 ANOS


AULA DE 3 ANOS



AULA DE 5 ANOS