miércoles, 28 de febrero de 2024

INFORMACIÓN ADMISIÓN 24-25





 


ADMISIÓN 24-25

 O prazo para a presentación das solicitudes de admisión é:


do 1 ao 20 de marzo


Recoméndase a presentación telemática a través da aplicación Admisión Alumnado na seguinte ligazón:


De ser cuberta na aplicación deberán seguir os seguintes pasos:


1. Acceder ao apartado de SOLICITUDE – ADMISIÓN - CREAR


2. Unha vez creada debe ser xerado un informe e impreso para entregar no centro en horario de atención ao público e con cita previa.


Pode tamén tramitarse a reserva a través da SEDE ELECTRÓNICA e presentar asinada de maneira telemática na seguinte ligazón:


Os impresos pódense descargar, imprimir e cubrir polas familias de xeito manual e entregalos no centro solicitando cita previa.

O impreso de solicitude:


Xunto co impreso de solicitude débese aportar a seguinte documentación:

  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.
  • Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/o convenio regulador onde conste a custodia do/a menor, de darse o caso.



A atención ao público será con cita previa que ten que ser concertada chamando ao teléfono do centro:

696846412

Horario de atención ao público con cita previa: 

12:30 a 13:20 h

PUBLICACIÓN DE LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS ANTES DO 25 DE ABRIL DE 2024.
PUBLICACIÓN DE LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS ANTES DO 15 DE MAIO DE 2024.

miércoles, 31 de enero de 2024

SEMANA DE ENTROIDO 2024

 ACTIVIDADES DA SEMANA DE ENTROIDO

-Desde o luns 5 ata o venres 9mandadiños. Ver foto

  



-Luns 5 pola tarde: de 16:00 a 17:00 obradoiro con familias para a elaboración da carroza e accesorios da comparsa.


-Venres 9desfile de entroido. Os nenos e nenas virán vestidos da casa cun disfraz de labreg@s (non fai falta que merquedes nada, empregade cousas que teñades por casa). Ver foto exemplos


Sairemos da escola ás 10:45 para realizar un pequeno percorrido polas rúas de Pastoriza acompañados polas familias.
Á volta, no patio da escola, degustaremos doces típicos de entroido que serán aportados polas familias (pouca cantidade).


AVISO IMPORTANTE: POR TEMA DE ALERXIAS GRAVES, OS DOCES NON PODERÁN CONTER FROITOS SECOS

________________________________________________________________________________

 ACTIVIDADES DE LA SEMANA DE CARNAVAL

-Desde el lunes 5 hasta el viernes 9mandadiños. Ver foto:


-Lunes 5 por la tarde: de 16:00 a 17:00 taller con familias para la elaboración de la carroza y accesorios de la comparsa.
-Viernes 9: Desfile de carnaval. Los niños y niñas vendrán vestidos de casa con un disfraz de campesin@s (no hace falta que compréis nada, emplead cosas que tengáis por casa). Ver ejemplos foto:



Saldremos de la escuela a las 10:45 para realizar un pequeño recorrido por las calles de Pastoriza acompañados por las familias.
A la vuelta, en el patio de la escuela, degustaremos dulces típicos de carnaval que serán aportados por las familias (poca cantidad).


AVISO IMPORTANTE: POR TEMA DE ALERGIAS GRAVES, LOS DULCES NO PODRÁN CONTENER FRUTOS SECOS


martes, 23 de enero de 2024

INAUGURAMOS O PATIO COAS FAMILIAS


POR FIN ESTREAMOS PATIO NOVO E COMA NON PODERÍA SER DOUTRO XEITO QUEREMOS CELEBRALO CON TÓDOLOS OS QUE FIXERON POSIBLE O MESMO: ANPA, CONCELLO, LUPO, FAMILIAS, MESTRAS E MESTRES, ALUMNAS E ALUMNOS...
ESPERAMOS NON OLVIDAR A NINGUÉN DOS QUE APORTARAN O SEU GRAO DE AREA A ESTE INMENSO PROXECTO QUE NON SÓ É UN PATIO BONITO DUN COLEXIO SENÓN QUE SERÁ O SEU BUQUE INSIGNIA, A CONTINUIDADE PEDAGÓXICA DO TRABALLO NO CENTRO.
DO PATIO ESPERAMOS, QUE ADEMÁIS DUN ESPAZO DE LECER, SEXA UN ESPAZO DE INVESTIGACIÓN, CONTACTO COA NATUREZA, DESENVOLVEMENTO DA CREATIVIDADE, RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS, DESENVOLVEMENTO DE HABILIDADES MOTRICES E SOCIAIS...
SON NUMEROSOS OS ESTUDOS QUE AMOSAN OS BENEFICIOS QUE CONLEVA A INTERACCIÓN COA NATUREZA NA SAÚDE DAS NENAS E NENOS, NA SÚA CAPACIDADE DE ATENCIÓN, DESENVOLVEMENTO MOTOR E COGNITIVO, AUTONOMÍA, SEGURIDADE E CURIOSIDADE...
POR ISTO E MOITO MÁIS... 

BARRIONOVO XA TEN PATIO NOVO!!

 

jueves, 18 de enero de 2024

CHEGOU O DÍA!!!! TEMOS PATIO NOVO!!!

Por fin chegou o día de poder estrear o ansiado patio, un ano de espera pero pagou a pena.
Grazas a todolos os que fixeron posíble esta reforma que esperemos poidamos desfrutar tod@s.
Esperamos poder  facer nos próximos días unha inauguración por todo o alto con todas as familias, incluíndo as que xa non están pero participaron deste proceso.