miércoles, 30 de marzo de 2022

OBRADOIRO BIBLIOTECA CREATIVA

 Estimadas familias,


O próximo luns 4 de abril organizamos un obradoiro dentro do programa de Biblioteca Creativa no cal estades invitadas a participar as familias

Este obradoiro será levado a cabo por Julia de la Cal, ilustradora e deseñadora industrial. A proposta é elaborar conxuntamente un espazo de vimbio no que poder ler, descansar, reflexionar ou recrearse.


Adxuntamos un pequeno resumo da proposta.




O obradoiro será o luns 4 de abril de 16:30 a 18:30 horas.


Agradeceríamos a vosa participación.

Animádevos!

martes, 8 de marzo de 2022

S.O.S UCRAÍNA

 Estimadas familias,


Na escola queremos colaborar coa Asociación O Grilo-Pastoriza e o Banco de Alimentso Rías Altas na recollida de productos para o pobo Ucraíno.


Esta recollida centrarase en:

- Bens de primeria necesidade de coidados e alimentación infantil

- Comida preparada en lata

- Material sanitario de urxencia (mtaerial de primerios auxilios)

A recollida será desde o día de hoxe hasta o próximo mércores 16 de marzo.


Moitas grazas pola vosa colaboración.




ACTUALIZACIÓN COVID

 Estimadas familias,


As consellerías de Educación e Sanidade elaboraron unha comunicación conxunta sobre a xestión dos contactos estreitos no ámbito educativo. Nesta comunicación informan de que a partir de agora non se identificarán contactos estreitos nos centros escolares e que serán as familias dun caso positivo as encargadas de informar aos contactos estreitos para que extremen as medidas.


Adxuntamos a comunicación emitida polas consellerías e a información referente as medida preventivas dos contactos estreitos.tactos estreitos


Moitas grazas pola vosa colaboración.






ACTIVIDADES 8M CIM ARTEIXO

 Estimadas familias,


adxuntamos información sobre as actividades organizadas polo CIM do Concello de Arteixo con motivo do 8M.