Estimadas familias,
continuamos coas propostas de ESPAZO EDUCA_CreandoPontes cunha conversa con Eduardo Barca Enríquez.
Animádevos a participar!
Estimadas familias,
continuamos coas propostas de ESPAZO EDUCA_CreandoPontes cunha conversa con Eduardo Barca Enríquez.
Animádevos a participar!
Estimadas familias,
retomamos as propostas de ESPAZO EDUCA_CreandoPontes cunha conversa con Miriam Otero Requeijo.
Animádevos a participar!
Estimadas familias,
Como sabedes levamos uns anos traballando no proxecto para a reforma da patio en colaboración co CFR e Sistema LUPO a través dun Plan de Formación Permanente do Profesorado e do programa #mestradeobra.
Tras presentar o proxecto final ao Concello este curso, a reforma foi aprobada a semana pasada polo mesmo.
Queríamos dar as grazas a toda a comunidade educativa da escola pola súa colaboración no proceso: á ANPA por ser motor e enerxía en todas as propostas, ao CFR por atender sempre as necesidades e inquedanzas do profesorado e proporcionar os recursos e guías para acompañarnos, ao Sistema LUPO por ser o guía nesta andaina, e ao Concello e REPSOL por apoiar o proxecto e poñer os medios para facelo realidade.
Porque grazas a todos podemos dicir que
BARRIONOVO TEN PATIO NOVO!
Estimadas familias
Dende o CRF A Coruña en colaboración co Concello de Arteixo programouse un obradoiro coas familias no que teremos o pracer de contar con Antonio Rial Boubeta
Será o próximo xoves 17 de febreiro de 18:00 a 20:00 horas no Centro Arteixo Innovación (Avda Arsenio Iglesias)
Contará con servizo de ludoteca ao que podedes apuntarvos cubrindo este formulario.
A inscripción faise enviando un correo electrónico ao enderezo educacion@arteixo.org indicando nome e apelidos da persoa participante antes do 15 de febreiro ás 14:00 horas.
Animádevos a participar!