martes, 5 de septiembre de 2023

INFORMACIÓN DA ANPA

 Estimadas familias, achegamos información de parte da ANPA da escola.


ÚNETE Á ANPA DA EEI DE BARRIONOVO

A ANPA da EEI de Barrionovo davos a benvida ao curso 2023/2024.
Sabedes que cantos máis sexamos na ANPA máis fortes seremos para poder realizar actividades e melloras no centro e nos servizos. Por iso, enviamos a ficha de alta do curso 2023/2024. A cota son 25 € (posibilidade de abonar en dous prazos)

Na mesma ficha tedes o número de conta da ANPA para realizar o ingreso
  • COTA ANUAL POR FAMILIA= 25 €
  • CUBRIR A FICHA E DEVOLVELA CUBERTA POR ALGÚN DESTES MEDIOS:
    • Por correo electrónico a ampa.barrionovo@hotmail.es
    • Deixar no buzón da ANPA situado na entrada da escola
    • Entregar en man algún membro da ANPA
  • NO CONCEPTO DO INGRESO/TRANSFERENCIA INDICAR NOME E APELIDOS DO NENO OU NENA E CURSO. Por exemplo: Manuela Rial López 6º CURSO (AULA LARANXA)

Saúdos e moitas grazas.
ANPA EEI Barrionovo



viernes, 1 de septiembre de 2023

INICIO DE CURSO 23-24

REUNIÓNS DE INICIO DE CURSO 

Aula de 3 ANOS  Luns 4 Setembro 11:00h

Aula de 4 ANOS  Luns 4 Setembro 12:00h

Aula de 5 ANOS  Luns 4 Setembro 10:00h