Mostrando entradas con la etiqueta Galán. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Galán. Mostrar todas las entradas

miércoles, 20 de mayo de 2026

INFORMACIÓN SOLICITUDE DE AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO, FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR, TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR

 Bo día,


Informamos da  APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO,  FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR,  TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR


Consulta toda a información e documentación a entregar sobre:

AXUDAS  DE LIBROS DE TEXTO, FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 
SOLICITUDE DE TRANSPORTE
SOLICITUDE DE COMEDOR

Destinatarios:
Todo o alumnado matriculado no CEIP de Galán no curso 2025-2026, alumnado con reserva de praza para 1º de E.P.  e alumnado admitido no proceso de admisión do curso 2026-2027


Formas de presentación:


AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS, FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR.  

  • Electrónica: A través desta aplicación e presentando solicitude na Sede Electrónica [enlace].

IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos/as. É necesario ter Chave 365, certificado dixital ou DNI electrónico.

  • Presencial no centro: Cubrindo os Anexos I e Anexo II da Orde da convocatoria e presentándoos no centro educativo ou recolléndoos na secretaría do centro. IMPORTANTE: na presentación presencial deberá presentar unha única solicitude para todos fillos/as.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2026-2027, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2025-2026.

TRANSPORTE ESCOLAR

  • Vía correo electrónico: Cubrindo a solicitude adxunta e enviándoo a: ceip.galan@edu.xunta.gal indicando no asunto SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR
  • Presencial no centro:  Cubrindo a solicitude na secretaría do centro.


COMEDOR ESCOLAR

  • Vía correo electrónico: Cubrindo a solicitude adxunta e o anexo II e enviándoo a: ceip.galan@edu.xunta.gal indicando no asunto SOLICITUDE DE COMEDOR ESCOLAR
  • Presencial no centro:  Cubrindo a solicitude e ANEXO II na secretaría do centro.

Prazo: Do 19 de maio ate o 19 de xuño (ambos inclusive)

 
Tedes toda a información sobre a documentación necesaria e as solicitudes na web do centro, no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/node/2797

lunes, 21 de octubre de 2024

SAMAÍN CEIP GALÁN


Estimadas familias,
desde o CEIP Galán convidáronnos a pasar unha mañá de SAMAÍN o próximo martes 29 de outubro.
Iremos as aulas de 5º e 6º de EI acompañadas das mestras.




 

martes, 18 de abril de 2023

VISITA CEIP GALAN ALUMNADO 5 AÑOS

Queridas familias,
adjuntamos la invitación para realizar una visita al CEIP Galán incluída dentro del Plan de Acogida para el alumnado de 5 años que ha reservado plaza para primaria en el mismo.



jueves, 20 de mayo de 2021

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/22

As familias dos nenos/as que marchan para Galán podedes acceder á súa páxina web para ter a información das axudas de libros e material:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/

_________________________________________________________________________

Las familias de los niños/as que marchan para Galán podeis acceder a su página web para tener la información de las ayudas de libros y material:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/

viernes, 8 de enero de 2021

RESERVA DE PRAZA NO CENTRO ADSCRITO

Entre o día 11 de xaneiro e o 8 de febreiro o alumnado de 6º de Educación Infantil ten que presentar neste centro o IMPRESO ED550A correspondente á reserva de praza no centro adscrito.

Recordar que o centro ao que está adscrito a escola é o CEIP Galán.

O impreso pode ser cuberto polas familias de xeito manual e entregado no noso centro, ou a través da aplicación Admisión Alumnado na seguinte ligazón:




De ser cuberta na aplicación deberán seguir os seguintes pasos:

    1. Acceder ao apartado de SOLICITUDE – RESERVA - CREAR

    2. Unha vez creada debe ser xerado un informe e impreso para entregar no centro.

Pode tamén tramitarse a reserva a través da SEDE ELECTRÓNICA e presentar asinada de maneira telemática na seguinte ligazón:




Calquera dúbida será resolta telefónicamente pola dirección.


IMPRESO PARA DESCARGAR, CUBRIR E ENTREGAR NO CENTRO


IMPRESO ED550A  en Galego

IMPRESO ED550A en Castellano


MÁIS INFORMACIÓN EN:

miércoles, 20 de mayo de 2020

Axudas para libros e material escolar para alumnado de primaria

As familias do ALUMNADO QUE MARCHA PARA PRIMARIA xa pode solicitar as axudas para libros e material escolar da Xunta.

Estas axudas serán solicitadas no centro de destino e preferentemente por vía telemática en https://www.edu.xunta.es/fondolibros.


Pincha no seguinte enlace para acceder a esta información do Ceip De Galán: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/node/1434

Ter en conta ás orientacións de acceso ao centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/node/1435 


Máis información en:

miércoles, 13 de mayo de 2020

Visita virtual ao CEIP de Galán

Dada a situación actual non se pode facer a visita para o alumnado de novo ingreso ao CEIP de Galán, como todos os anos, tal e como se recolle no seu Plan de Acollida.

Por este motivo achegan unha invitación para convidar ás familias e alumnado da aula de 5 anos a facer esta visita de maneira virtual.


miércoles, 30 de octubre de 2019

Visita á Exposición de Cabazas do CEIP Galán

Hoxe respondemos a súa invitación e visitamos a terrorífica exposición de cabazas de Galán.




Moitas grazas!!!
Pasámolo de medo!!!

viernes, 10 de mayo de 2019

VISITA AO CEIP GALÁN

O alumnado de 5 anos, xunto coas súas familias, visitou o CEIP Galán no que proseguirán a súa vida escolar.

Gozaron coñecendo varios espazos do centro e de agasallo trouxemos unha camiseta.

miércoles, 24 de octubre de 2018

INVITACIÓN DO CEIP GALÁN

CHEGOUNOS UNHA INVITACIÓN PARA ASISTIR AO SAMAÍN DO CEIP GALÁN E Á SÚA FANTÁSTICA EXPOSICIÓN DE CABAZAS.



MOITAS GRAZAS!!!
ALÍ ESTAREMOS

sábado, 12 de mayo de 2018

VISITA CEIP GALÁN

O alumnado de 5 anos, xunto coas súas familias, visitou o CEIP Galán no que proseguirán a súa vida escolar.




martes, 27 de octubre de 2015

SAMAÍN NO CEIP DE GALÁN


Este xoves día 29, como todos os anos, visitaremos a exposición de cabazas do CEIP de Galán.
Sairemos ás 9:30 e regresaremos arredor das 11:30.
                    GRAZAS por convidarnos!!!

domingo, 24 de mayo de 2015

VISITA A GALÁN

ACHÉGASE O REMATE DO CURSO E CON ÉL O COMEZO DUNHA NOVA ETAPA.
A MAIORÍA DOS NENOS DE 6º DE EI, O CURSO QUE VEN, IRÁN O CEIP GALÁN, POLO QUE VISITAMOS O COLE.

viernes, 31 de octubre de 2014

SAMAÍN 2014

AGRADECEMOS AO CEIP DE GALÁN A INVITACIÓN PARA VISITAR A EXPOSICIÓN DE CABAZAS E A SORPRESIÑA TERRORÍFICA!!!