Queremos dar as GRAZAS a ANPA BARRIONOVO por promover a instalación do Planetario Viaxeiro da Obra Social "la Caixa". Durante os primeiros días desta semana o Planetario permanecerá na aula de usos múltiples, atendido por mamás da ANPA e será visitado por todo o alumnado do centro.
Grazas a esta iniciativa, o alumnado poderá achegarse ao fabuloso mundo da Astronomía.
Onte foi un día cargado de emocións, Elsa e Iris marchan a vivir un pouco lonxe e tocou o momento da despedida. Todos xuntos , na biblioBN, agasallámolas para que non olviden a est@s que xa son amig@s para sempre.