Mostrando entradas con la etiqueta Reciclar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Reciclar. Mostrar todas las entradas

lunes, 29 de abril de 2019

OS ELECTRECOS EN BARRIONOVO

Hoxe chegaron ao noso cole os "Electrecos" para contarnos en que consiste o Movemento RAEE dos Bolechas.
Os Electrecos son uns superheroes encargados de concienciar da reciclaxe dos aparatos eléctricos e electrónicos. Os Electrecos están a reclutar superheroes que lles axuden na súa labor de reciclaxe e para iso contaronnos onde podemos levar estes aparellos cando xa non se utilicen, puntos limpios, tendas...
Aprendimos un montón e máis rematamos cantando un rap de reciclaxe.

E de agasallo...un libro dos bolechas "Os Electrecos"
GRAZAS!


viernes, 5 de abril de 2019

Plan de Xestión de Residuos

O pasado 14 de marzo viñeron dende o Concello a ofrecernos un obradoiro sobre o plan de xestión de residuos e os novos colectores de Arteixo.

Clicando na seguinte imaxe poderedes ampliar a información deste encontro.

http://bibliobn.blogspot.com/2019/03/encontros-bn-plan-de-xestion-de-residuos.html

Hoxe aproveitamos para repartir ás aulas uns colectores novos etiquetados seguindo o novo sistema.


Xa estamos preparad@s para reciclar todos os nosos residuos.