Estimadas familias,
adxuntamos información sobre as actividades organizadas polo CIM do Concello de Arteixo con motivo do 8M.
Estimadas familias,
adxuntamos información sobre as actividades organizadas polo CIM do Concello de Arteixo con motivo do 8M.
Estimadas familias,
Este luns 29 de novembro recibimos no centro á compañía de teatro TRINKE-TRINKE co seu contacontos "O ratiño presumido".
Con esta actividade pechamos as propostas realizadas nestas datas sobre a igualdade e contra as violencias machistas.
É unha actividade subvencionada por parte do Concello a través do CIM.
Estimadas familias,
Queríamos facervos chegar información sobre as actividades programadas polo CIM do Concello de Arteixo na conmemoración do 25N.
O propio día, xoves 25 novembro, terá lugar o acto institucional coa lectura do manifesto en contra da Violencia de Xénero que será lido no Pleno Municipal, ás 12.00h., no cal estará presente toda a corporación municipal.
O venres 26, hai programada unha obra de teatro, titulada Insubmisión. Será ás 20:00h no Centro Cívico Cultural de Arteixo.
Xa o sábado 27 de novembro teremos unha nova edición da Andaina contra a Violencia de Xénero, a cal non se puido celebrar no ano 2020 pero que recuperamos con moitas ganas. Trátase dun acto de sensibilización, reivindicación e apoio a todas as mulleres sobrevivintes da violencia de xénero. Faremos un percorrido duns 4km de dificultade baixa polas rúas do concello. Está indicado para toda a poboación. Para participar é preciso inscribirse a través do seguinte enlace:
https://www.inscribirme.com/iiiandainacontraaviolenciadexeneroconcellodearteixo
ou directamente no CIM (Avda do Balneario, 10- baixo- 981601415). A Andaina rematará coa actuación musical da arteixá Silvia Penide e cunha chocolatada.
Xa para rematar, informamos que acabamos de estrear unha APP interactiva "CONECTA CON SENTIMENTO" dirixida principalmente á xuventude co obxectivo de previr a violencia entre a xente moza, dándolles ferrramentas para poder detectala e recursos a onde acudir de ser preciso. A aplicación inclúe un test para que a rapazada poida detectar indicadores de abuso nas súas relacións de parella e ter información sobre relacións saudables basadas no respeto e igualdade. Está dispoñible para ser descargada desde as plataformas de Android e APPLE.
Agardamos que esta información sexa do voso agrado e que poidamos contar coa vosa participación en todas elas.
