Mostrando entradas con la etiqueta #mesturArte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta #mesturArte. Mostrar todas las entradas

lunes, 17 de febrero de 2020

CONCERTO DIDÁCTICO: DE AQUÍ PARA ALÁ

O XOVES DESFRUTAMOS DUN CONCERTO NO PALACIO DA ÓPERA NO QUE VIAXAMOS POLO MUNDO COÑECENDO OS SEUS RITMOS DA MAN DE LYDIA BOTANA.

sábado, 21 de diciembre de 2019

UN NADAL POLO MUNDO

Este venres tivemos unha xornada festiva e familiar. 
Contamos coa visita do Carteiro Real, realizamos un Obradoiro de Cociña para preparar aperitivos para a merendola de despois da festa na que bailamos, cantamos e festexamos coas familias o final do primeiro trimestre de #MesturArte.








lunes, 4 de noviembre de 2019

Encontro Folclore Galego


Estas semanas nas clases de música soupemos que Clave de Sol e Clave de Fa andan de viaxe polo mundo en caravana.
Primeira parada: Galicia e a súa música e tradicións.





Grazas a Miguel, Iria e Isma o pasado 23 de outubro gozamos co noso folclore.





 

Moitísimas grazas chicos!!!

Esta actividade foi subvencionada polo Concello de Arteixo
  

viernes, 27 de septiembre de 2019

BARRIONOVO SÚMASE AO MOVEMENTO GLOBAL POLA EMERXENCIA CLIMÁTICA

Esta semana Barrionovo sumouse ao movemento global pola emerxencia climática.
Estamos moi preocupados/as pola situación do planeta e queriamos contribuir conmemorando este día.
Na biblioBN, como todos os venres, agardábanos unha encurta mais nesta ocasión, a encurta estaba acompañada dunha recreación da situación actual de mares e océanos, ateigados de plásticos e contaminación por plásticos que matan animáis e prantas.

Ademáis atropamos o retrato do inventor do plástico, aínda que nós non soubemos quen era. Cos datos que figuraban na imaxe, nome, data de nacemento e morte, imos investigalo nas aulas.





Ademais, como neste curso no programa Voz Natura estamos a traballar a reducción de residuos plásticos, enviamos ás familias unha nota para pedirlles a súa colaboración á hora de preparar o almorzo que traen as nenas e nenos á escola.