lunes, 29 de noviembre de 2021

ESTRAFALARIA

 Estimadas familias,


Hoxe ás 17:00 horas estará no centro a proposta titulada "ESTRAFALARIA" organizada pola ANPA e a asociación O GRILO en colaboración co Concello de Arteixo.

En principio, se o tempo acompaña, a actividade será no cuberto exterior e podedes vir un adulto acompañando á nena ou neno. De ter mal tempo, pasaremos a proposta ao Espazo Fedelleiro, no que poderán acceder os nenos e nenas e serán supervisados pola ANPA.

Animádevos a vir!



viernes, 26 de noviembre de 2021

CONTACONTOS "O RATIÑO PRESIMIDO"

 Estimadas familias,

Este luns 29 de novembro recibimos no centro á compañía de teatro TRINKE-TRINKE co seu contacontos "O ratiño presumido".





Con esta actividade pechamos as propostas realizadas nestas datas sobre a igualdade e contra as violencias machistas.

É unha actividade subvencionada por parte do Concello a través do CIM.





MAXIA POLA IGUALDADE

 Estimadas familias,


O pasado 24 de novembro puidemos desfrutar no cole dunha actividade de Maxia pola igualdade grazas á ANPA do centro.


Todo o alumnado gozou con Fani Triana o o seu espectáculo.



Moitas grazas á ANPA pola súa proposta.


jueves, 25 de noviembre de 2021

ACTIVIDADES CIM 25N

 Estimadas familias,

Queríamos facervos chegar información sobre as actividades programadas polo CIM do Concello de Arteixo na conmemoración do 25N.

O propio día, xoves 25 novembro, terá lugar o acto institucional coa lectura do manifesto en contra da Violencia de Xénero que será lido no Pleno Municipal, ás 12.00h., no cal estará presente toda a corporación municipal.

O venres 26, hai programada unha obra de teatro, titulada Insubmisión. Será ás 20:00h no Centro Cívico Cultural de Arteixo.

Xa o sábado 27 de novembro teremos unha nova edición da Andaina contra a Violencia de Xénero, a cal non se puido celebrar no ano 2020 pero que recuperamos con moitas ganas. Trátase dun acto de sensibilización, reivindicación e apoio a todas as mulleres sobrevivintes da violencia de xénero. Faremos un percorrido duns 4km de dificultade baixa polas rúas do concello. Está indicado para toda a poboación. Para participar é preciso inscribirse  a través do seguinte enlace:

https://www.inscribirme.com/iiiandainacontraaviolenciadexeneroconcellodearteixo

ou directamente no CIM (Avda do Balneario, 10- baixo- 981601415). A Andaina rematará coa actuación musical da arteixá Silvia Penide e cunha chocolatada.

Xa para rematar, informamos que acabamos de estrear unha APP interactiva "CONECTA CON SENTIMENTO" dirixida principalmente á xuventude co obxectivo de previr a violencia entre a xente moza, dándolles ferrramentas para poder detectala e recursos a onde acudir de ser preciso. A aplicación inclúe un test para que a rapazada poida detectar indicadores de abuso nas súas relacións de parella e ter información sobre relacións saudables basadas no respeto e igualdade. Está dispoñible para ser descargada desde as plataformas de Android e APPLE.

Agardamos que esta información sexa do voso agrado e que poidamos contar coa vosa participación en todas elas.

miércoles, 24 de noviembre de 2021

En Nós está a Igualdade

Estimadas familias,

Hoxe queremos compartir convosco o resultado dun proxecto colaborativo por parte de varias ANPAS do Concello de Arteixo (ANPA Manuel Murguía-Galán, ANPA Larín, ANPA a Lagoa e ANPA Barrionovo)

Podedes ver o vídeo aquí.

Porque como ben di o título do vídeo, en Nós está a igualdade.

Moitas grazas á ANPA pola proposta.


viernes, 19 de noviembre de 2021

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

 Estimadas familias,


Recordámosvos que este luns 22 de novembro serán as votacións para  elexir os representantes de nais e pais do Consello Escolar de 16:30 a 19:30 horas.


Animámosvos a participar xa que a elección dos representantes de nais e pais no Consello Escolar é unha forma importante de participación na vida do centro.


Boa fin de semana!

lunes, 15 de noviembre de 2021

ESPAZO EDUCA_CreandoPontes: NÉLIDA ZAITEGUI

 Estimadas familias

Dende o CRF A Coruña en colaboración co Concello de Arteixo programouse un obradoiro coas familias no que teremos o pracer de contar con Nélida Zaitegui. 

Será o próximo mércores 17 de novembro de 18:00 a 19:30 horas  no Centro Cívico Cultural de Arteixo

Contará con servizo de ludoteca ao que podedes apuntarvos cubrindo o seguinte formulario

A inscripción faise enviando un correo electrónico ao enderezo educacion@arteixo.org indicando nome e apelidos da persoa participante antes das 14:00 horas o día 16 de novembro.

Animádevos a participar!