sábado, 17 de diciembre de 2016

miércoles, 14 de diciembre de 2016

VISITA AO MUNCYT

Hoxe fixemos unha  interesante visita ao MUNCYT e xa sabemos un pouco máis sobre a historia da Ciencia e Tecnoloxía.



Visita al MUNCYT from EEI Barrionovo on Vimeo.

domingo, 11 de diciembre de 2016

lunes, 5 de diciembre de 2016

NADAL SOLIDARIO 2016

Como en anos anteriores, participamos do Nadal Solidario do CCA de Arteixo.



Para rescatar as Postais tedes que levar alimentos non perecedoiros á RACC que é donde están expostas.

domingo, 16 de octubre de 2016

SAÍDA: BUSCANDO ARTES


Este venres, 21 de outubro, celebraremos o Día das Bibliotecas no Museo de Belas Artes de A Coruña.

martes, 27 de septiembre de 2016

miércoles, 21 de septiembre de 2016

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES

O venres 30 de setembro o alumnado de 5º e 6º de E.I. visitará o Museo para coñecer a obra de Fernando Álvarez de Sotomayor.
A visita servirá de punto de partida para o traballo coa unidade didáctica "Álbum de voda"  que homenaxea ao pintor no centenario do cadro "Comida de voda en Bergantiños".

Resultado de imagen de fernando alvarez de sotomayor


Resultado de imagen de fernando alvarez de sotomayor


O transporte está subvencionado pola ANPA.


O alumnado de 4º realizará  a mesma visita con posterioridade.

jueves, 1 de septiembre de 2016

domingo, 12 de junio de 2016

SAÍDA FIN DE CURSO: FORNO DO FORTE E MUSEO ETNOLÚDICO

ESTE VENRES FIXEMOS A SAÍDA DE FIN DE CURSO COAS FAMILIAS.
VISITAMOS O "FORNO DO FORTE", ONDE APRENDIMOS CÓMO SE FAN AS CERÁMICAS, CÓMO AS QUE COÑECERON OS NENOS NO TALLER DE ARTE NO PRIMEIRO TRIMESTRE E QUE ELABORABAN OS GREGOS, E DESPOIS DECORABAN CON ELEMENTOS DOS "AGONES OLÍMPICOS"
DESPOIS VISITAMOS O MUSEO ETNOLÚDICO DE GALICIA NA QUE COÑECIMOS MOITOS XOGOS TRADICIONAIS E ALGO DOS DEPORTES OLÍMPICOS, QUE ESTIVERON A TRABALLAR AO LONGO DO CURSO NAS CLASES DE PSICOMOTRICIDADE.

GRUPO I

GRUPO II

sábado, 11 de junio de 2016

VISITAMOS O ENCORO DE MEICENDE

Esta actividade forma parte do programa do Concello de Arteixo "EDUCATÍZATE"  no apartado       " SAÍMOS A COÑECER O MUNDO: ROTEIROS AMBIENTAIS"
Puidemos coñecer a diversidade de fauna e flora que forma parte deste ecosistema: vimos peixes, e parrulos, escoitamos aos paxaros e as ras. 
Vimos que na veira do encoro crecen espadanas, sabugueiros, salgueiros, ameneiros, puidemos ulir o eucalipto e comprobar como pica o toxo.
Explicáronnos  a importancia que ten o salgueiro en mediciña xa que del obtense o ácido acetilsalicilico, principio activo da ASPIRINA.
E foi moi divertido tentar lavar a roupa como se facía antigamente cando non había lavadoras nin lavanderías pero si lavadoiros.

GRUPO DE 3-4 ANOS



GRUPO DE 4-5 ANOS

viernes, 3 de junio de 2016

VISITA Á EXPOSICIÓN " TRADICIÓN, CAMBIO E INNOVACIÓN"

Hoxe visitamos a exposición de AFUNDACIÓN baixo o lema" Tradición, cambio e innovación".
Pasámolo en grande xogando coas cores, coas formas e coa música.
Descubrimos as formas na escultura de Julio Gónzalez " Cabeza llamada El tunel", aprendemos a ver de maneira diferente o cadro de Picasso " Paquet de tabac et verre", apreciamos as cores que María Blanchart utilizou en "Les deux soeurs", intentamos pintar como Miró en " Tête d´homme III" e imitamos a Kandinsky pintando con música o cadro "Weisslich"
Tamén  fixemos as nosas propias creacións e xa para relaxarnos merendamos e xogamos nos xardíns de Méndez Núñez.
Grazas unha vez máis ao persoal de AFUNDACIÓN por facer este día tan especial.

GRUPO DE 4 E 5 ANOS



GRUPO DE 3 E 4 ANOS

jueves, 12 de mayo de 2016

EDUCACIÓN VIAL

Dentro do programa do Concello de Arteixo " EDUCATÍZATE" para o curso 2015-2016, e dentro dos OBRADOIROS DE PREVENCIÓN E SEGURIDADE estes días recibimos a visita  da Policía Local con un programa de EDUCACIÓN VIAL.
Mediante un conto explicáronnos as normas que debemos seguir como peóns para circulara con seguridade, como debemos ir sentados nos coches e como debemos coidar as mascotas para vaian seguras e non ensucien as rúas.
Para rematar puidemos subir ao coche patrulla e probar a sirena e as luces de emerxencia e ata gritar alto policía!
Divertidísimo!
 AULA DE 4 ANOS


AULA DE 3 ANOS



AULA DE 5 ANOS

jueves, 28 de abril de 2016

VISITA AO MUSEO DE BELAS ARTES

Como todos os cursos, visitamos o Museo de Belas Artes de A Coruña .


Nesta ocasión admiramos obras clásicas: "Apoteose de Hércules" de Borkens e "Dona Mariana de Austria" de Frans Luycks.


E obras contemporáneas de artistas galegos: "Árbore" de Manolo Paz, "Mariscadoras" de Luís Seoane e "Vista da Coruña 1830" de Urbano Lugrís.




AULA DE 3 ANOS


AULA DE 4 ANOS


AULA DE 5 ANOS

domingo, 24 de abril de 2016

FOTOGRAFÍAS DA X FEIRA MATEMÁTICA

Que ben o pasamos grandes e pequenos!!!
Moita xente
Moitas caras coñecidas
Diversión matemática a tope!!!

domingo, 10 de abril de 2016

NA BIBLIOTECA MIGUEL SANDE

Agradecemos a invitación desde as Bibliotecas Municipais por facernos pasar unha mañá moi divertida escoitando fantásticas historias.

Accede aquí á presentación

miércoles, 30 de marzo de 2016

SOLICITUDES DE PRAZA ADMITIDAS PARA O CURSO 2016-2017

Todas as solicitudes presentadas están admitidas.

Lembrade que a formalización da matrícula é :

do 20 ao 30 de xuño

martes, 15 de marzo de 2016

VISITA Á EXPOSICIÓN: "OS OBXECTOS FALAN"

Esta semana acudimos a visitar a exposición no Kisoco Alfonso das coleccións do Museo do Prado promovida por La Caixa.

Aula de 3 anos:




Aula de 4 anos:





Aula 5 anos:





martes, 1 de marzo de 2016

Obradoiro de Igualdade

Onte o alumnado de 6º de E.I. participou nun Obradoiro de Igualdade organizado polo CIM.
A actividade desenvolveuse arredor dun conto, "A metade de Xoan".





Obradoiro de Igualdade en 6º de E.Infantil, EEI BARRIONOVO from AULA LARANXA on Vimeo.

miércoles, 17 de febrero de 2016

martes, 16 de febrero de 2016

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2016-2017

PRAZO DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE ADMISIÓN:

DO 1 AO 29 DE MARZO DE 2016


PRAZAS VACANTES CURSO 2016-2017:

4º E.I. : 22 + 3

5º E.I. : 9

6º E.I. : 1



HORARIO DE MATRÍCULA : DE LUNS A VENRES DE 12:30 A 13:15