Mostrando entradas con la etiqueta Patio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Patio. Mostrar todas las entradas

martes, 23 de enero de 2024

INAUGURAMOS O PATIO COAS FAMILIAS


POR FIN ESTREAMOS PATIO NOVO E COMA NON PODERÍA SER DOUTRO XEITO QUEREMOS CELEBRALO CON TÓDOLOS OS QUE FIXERON POSIBLE O MESMO: ANPA, CONCELLO, LUPO, FAMILIAS, MESTRAS E MESTRES, ALUMNAS E ALUMNOS...
ESPERAMOS NON OLVIDAR A NINGUÉN DOS QUE APORTARAN O SEU GRAO DE AREA A ESTE INMENSO PROXECTO QUE NON SÓ É UN PATIO BONITO DUN COLEXIO SENÓN QUE SERÁ O SEU BUQUE INSIGNIA, A CONTINUIDADE PEDAGÓXICA DO TRABALLO NO CENTRO.
DO PATIO ESPERAMOS, QUE ADEMÁIS DUN ESPAZO DE LECER, SEXA UN ESPAZO DE INVESTIGACIÓN, CONTACTO COA NATUREZA, DESENVOLVEMENTO DA CREATIVIDADE, RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS, DESENVOLVEMENTO DE HABILIDADES MOTRICES E SOCIAIS...
SON NUMEROSOS OS ESTUDOS QUE AMOSAN OS BENEFICIOS QUE CONLEVA A INTERACCIÓN COA NATUREZA NA SAÚDE DAS NENAS E NENOS, NA SÚA CAPACIDADE DE ATENCIÓN, DESENVOLVEMENTO MOTOR E COGNITIVO, AUTONOMÍA, SEGURIDADE E CURIOSIDADE...
POR ISTO E MOITO MÁIS... 

BARRIONOVO XA TEN PATIO NOVO!!

 

jueves, 18 de enero de 2024

CHEGOU O DÍA!!!! TEMOS PATIO NOVO!!!

Por fin chegou o día de poder estrear o ansiado patio, un ano de espera pero pagou a pena.
Grazas a todolos os que fixeron posíble esta reforma que esperemos poidamos desfrutar tod@s.
Esperamos poder  facer nos próximos días unha inauguración por todo o alto con todas as familias, incluíndo as que xa non están pero participaron deste proceso.



 

jueves, 3 de junio de 2021

Barrionovo quere patio novo

Estamos inmers@s nun proceso participativo de renaturalización do patio da escola, pero isto xa o sabedes porque sodes parte del.

Este cambio é preciso para ser coherentes co noso ideario e a nosa pedagoxía.

Os nenos e nenas son @s protagonistas deste cambio e o resto de axentes participantes (mestras, arquitect@s, familias, administración) somos facilitadoras. O noso cometido é facer que se sintan acompañad@s neste proceso de toma de decisións e empoderamento persoal.

O fin da educación é o desenvolvemento integral do alumnado mais se queremos chegar a adult@s responsables capaces de participar nas esferas de decisión da propia comunidade, debemos promover dende a infancia dita participación, decisión e interese polo común.

Compartimos con moito agarimo o seguinte vídeo onde resumimos a experiencia deste curso que, malia ser atípico, conseguimos pintar de cores e avanzar cara un Barrionovo máis auténtico, máis noso.

Grazas a tod@s @s que o facedes posible cada día.

#Barrionovoquerepationovo