Hoxe visitou Barrionovo a Escola de Fútbol Base SCD de Pastoriza.
Explicáronnos aos nenos e nenas de 4 e 5 anos todas as actividades que levan a cabo polas tardes e ademais déronnos unha pequena formación en primeiros auxilios.
Os Electrecos son uns superheroes encargados de concienciar da reciclaxe dos aparatos eléctricos e electrónicos. Os Electrecos están a reclutar superheroes que lles axuden na súa labor de reciclaxe e para iso contaronnos onde podemos levar estes aparellos cando xa non se utilicen, puntos limpios, tendas...
Aprendimos un montón e máis rematamos cantando un rap de reciclaxe.
E de agasallo...un libro dos bolechas "Os Electrecos"
Esta semana tivo lugar na escola un taller de textil incluído dentro do porgrama "Educatízate" do Concello de Arteixo, que consistiu na construcción de un monicreque de tea.
Os nenos e nenas tiñan que decidir que cor querían para o seu monicreque. Despois, tiñan que deseñar as diferentes partes do corpo: ollos, nariz, boca, brazos, pernas, complementos...
HOXE TIVEMOS NO CENTRO UNHA ACTIVIDADE MUSICAL PROMOVIDA DENDE O CONCELLO DE ARTEIXO. APRENDIMOS A CANCIÓN DA SAIA DA CAROLINA E A ACOMPAÑAMOS MUSICALMENTE CON CUNCHAS DE VIEIRA E PALMAS.