Mostrando entradas con la etiqueta Consello Escolar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Consello Escolar. Mostrar todas las entradas

miércoles, 23 de octubre de 2024

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR SECTOR NAIS, PAIS E TITORES LEGAIS

 

ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS. PAIS, E TIROES LEGAIS AO CONSELLO ESCOLAR

 

CONVOCATORIA

 

De acordo coa Resolución do 10 de setembro de 2024 conxunta da Dirección Xeral de Centro e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se establece o calendario para a celebración de leccións de membros dos consellos escolares nos centros de educación non universitario (DOG 18 setembro 2024) a XUNTA ELECTORAL deste centro, en virtude das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS E ALUMNAS, segundo as seguintes normas:

1.        De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto 374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na disposición adicional terceira 1. Do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do 26), corresponde elixir no presente proceso electoral a DOUS pais/nais, dun total de dous que debe ter o Consello Escolar. UN ten que ser proposto pola asociación de nais e pais.

2.      Son electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado matriculado no Centro incluídos na Censo Correspondente que a partir do día da data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata ás 14:00 horas do día 8 de novembro.

3.      Son elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaria do Centro. As candidaturas poderán ser presentadas a partir do día 31 de outubro ata as 14:00 do día 8 de novembro.

4.     O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase en acto público, entre os pais e nais que non se presenten como candidatos, o día 11 de novembro, ás 9:30 horas. Dita mesa electoral está composta pola Directora do Centro, que actuará como Presidenta, e  catro pas/nais ou titores legais, actuando de secretaria ou secretario o de menor idade.

5.      A campaña electoral comprenderá dende o 11 ao 17 de novembro. Ambos días inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu uso non altere o normal funcionamento educativo do Coleixo.

6.      Poderán actuar como supervisores da votación os pais , nais ou titores legais dos alumnos matriculados no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no se defecto, que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.

7.      As votacións realizaranse neste Colexio Público o día 18 de novembro de 16:00 a 18:00 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto público, ás 15:45 horas.

8.      Na papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de dous nomes dos candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar, mediante a exhibición do D.N.I ou documento similar, O voto será directo, secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.

9.      Teñen dereito ao voto o pai e nai ou, se é o caso, o titor legal doa alumnos ou alumnas.

10.  Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para o seu envío a Xunta Electoral do Centro.

11.    A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e reclamacións que se poidan formular.

 

Arteixo 23 de outubro de 2024.

A Presidenta da Xunta Electoral,

Asdo: 


 

 


Alba Presedo Arnoso


viernes, 19 de noviembre de 2021

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

 Estimadas familias,


Recordámosvos que este luns 22 de novembro serán as votacións para  elexir os representantes de nais e pais do Consello Escolar de 16:30 a 19:30 horas.


Animámosvos a participar xa que a elección dos representantes de nais e pais no Consello Escolar é unha forma importante de participación na vida do centro.


Boa fin de semana!

lunes, 25 de octubre de 2021

SORTEO XUNTA ELECTORAL

 

O XOVES 28 DE OUTUBRO ÁS 11:30 HORAS PROCEDERASE AO SORTEO PÚBLICO PARA A DESIGNACIÓN  DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL PARA A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS AO CONSELLO ESCOLAR .

 

Artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1996; DOG do 9 de Agosto




domingo, 27 de noviembre de 2016

lunes, 27 de octubre de 2014

SORTEO XUNTA ELECTORAL

O MARTES 30 DE OUTUBRO ÁS 9:30 HORAS PROCEDERASE AO SORTEO PÚBLICO PARA A DESIGNACIÓN  DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL PARA A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS AO CONSELLO ESCOLAR .


Artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1996; DOG do 9 de Agosto

lunes, 26 de noviembre de 2012

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Lembrade que este MARTES 27 de Novembro terán lugar as eleccións a representantes de pais e nais no Consello Escolar do centro.
A mesa electoral permanecerá aberta de 17:00 a 20:00 horas.
Animamos a todos e todas a participar.

    

martes, 13 de noviembre de 2012

viernes, 26 de octubre de 2012

Sorteo Xunta Electoral



O MARTES 30 DE OUTUBRO ÁS 11:30 HORAS PROCEDERASE AO SORTEO PÚBLICO PARA A DESIGNACIÓN  DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL PARA A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS AO CONSELLO ESCOLAR .
Artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1996; DOG do 9 de Agosto