miércoles, 20 de mayo de 2026

Matrícula 26-27

                     O PRAZO PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA É:


DO 20 AO 30 DE XUÑO E
PODERÁ REALIZARSE DE MANEIRA PRESENCIAL OU TELEMÁTICA A TRAVÉS DA APLICACIÓN ADMISIÓN ALUMNADO (OPCIÓN DISPOÑIBLE UNHA VEZ ABERTO O PRAZO)

A atención ao público presencial será con cita previa que ten que ser concertada A PARTIR DO 25 DE MAIO chamando ao teléfono do centro:

696846412

Horario de atención ao público con cita previa: 

10:00 a 12:00 h

ESTE ANO O DÍA 24 É FESTIVO AUTONÓMICO


 DOCUMENTACIÓN NECESARIA: 

  • DÚAS FOTOS CARNET CO NOME ESCRITO POR DETRÁS
  • IMPRESO MATRÍCULA
  • FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA
  • FOTOCOPIA DO LIBRO DE FAMILIA OU TOMO DE NACEMENTO


Pregamos traer os documentos necesarios xa cubertos coas fotocopias feitas.

O impreso de matrícula pódese descargar, cubrir e imprimir na aplicación AdmisiónAlumnado (estará dispoñible unha vez aberto o prazo)

INFORMACIÓN SOLICITUDE DE AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO, FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR, TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR

 Bo día,


Informamos da  APERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDE DE AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO,  FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR,  TRANSPORTE E COMEDOR ESCOLAR


Consulta toda a información e documentación a entregar sobre:

AXUDAS  DE LIBROS DE TEXTO, FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 
SOLICITUDE DE TRANSPORTE
SOLICITUDE DE COMEDOR

Destinatarios:
Todo o alumnado matriculado no CEIP de Galán no curso 2025-2026, alumnado con reserva de praza para 1º de E.P.  e alumnado admitido no proceso de admisión do curso 2026-2027


Formas de presentación:


AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS, FONDO LIBROS E MATERIAL ESCOLAR.  

  • Electrónica: A través desta aplicación e presentando solicitude na Sede Electrónica [enlace].

IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos/as. É necesario ter Chave 365, certificado dixital ou DNI electrónico.

  • Presencial no centro: Cubrindo os Anexos I e Anexo II da Orde da convocatoria e presentándoos no centro educativo ou recolléndoos na secretaría do centro. IMPORTANTE: na presentación presencial deberá presentar unha única solicitude para todos fillos/as.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2026-2027, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2025-2026.

TRANSPORTE ESCOLAR

  • Vía correo electrónico: Cubrindo a solicitude adxunta e enviándoo a: ceip.galan@edu.xunta.gal indicando no asunto SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR
  • Presencial no centro:  Cubrindo a solicitude na secretaría do centro.


COMEDOR ESCOLAR

  • Vía correo electrónico: Cubrindo a solicitude adxunta e o anexo II e enviándoo a: ceip.galan@edu.xunta.gal indicando no asunto SOLICITUDE DE COMEDOR ESCOLAR
  • Presencial no centro:  Cubrindo a solicitude e ANEXO II na secretaría do centro.

Prazo: Do 19 de maio ate o 19 de xuño (ambos inclusive)

 
Tedes toda a información sobre a documentación necesaria e as solicitudes na web do centro, no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/node/2797