miércoles, 20 de mayo de 2020

Axudas para libros e material escolar para alumnado de primaria

As familias do ALUMNADO QUE MARCHA PARA PRIMARIA xa pode solicitar as axudas para libros e material escolar da Xunta.

Estas axudas serán solicitadas no centro de destino e preferentemente por vía telemática en https://www.edu.xunta.es/fondolibros.


Pincha no seguinte enlace para acceder a esta información do Ceip De Galán: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/node/1434

Ter en conta ás orientacións de acceso ao centro: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/node/1435 


Máis información en:

martes, 19 de mayo de 2020

Listaxe provisional de admitidos


Todas as solicitudes presentadas foron admitidas.


Aclaración sobre a publicación das listaxes do proceso de admisión do alumnado

O punto 7 das Instrucións do 30 de xaneiro de 2020 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020-21 mantén a súa plena vixencia.
Así, para a  publicación presencial das listaxes deberá utilizarse unicamente o medio indicado, xa que non debe ser posible a visualización dende o exterior do centro.
Para a publicación electrónica das listaxes, a propia instrución xa prevé un mecanismo para que as familias non teñan que desprazarse ao centro educativo, que é a publicación a través da aplicación web admisionalumnado, coas garantías necesarias en materia de protección de datos de carácter persoal, de xeito que as familias poden acceder aos datos.
Se ben unicamente as familias titulares dunha Chave 365 ou dun certificado dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre poderán acceder ao listado completo (porque queda correctamente acreditada a súa identidade e a súa condición de interesados no procedemento), aquelas familias que non dispoñen deles poden acceder igualmente ao estado da súa solicitude.

miércoles, 13 de mayo de 2020

Visita virtual ao CEIP de Galán

Dada a situación actual non se pode facer a visita para o alumnado de novo ingreso ao CEIP de Galán, como todos os anos, tal e como se recolle no seu Plan de Acollida.

Por este motivo achegan unha invitación para convidar ás familias e alumnado da aula de 5 anos a facer esta visita de maneira virtual.


miércoles, 6 de mayo de 2020

Restablecemento do proceso de admisión

Segundo establece a Resolución do 5 de maio de 2020 restablécese o procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.

Prazo de presentación das solicitudes:

LUNS 11 DE MAIO AO LUNS 18 DE MAIO

A atención ao público será con cita previa que ten que ser concertada chamando ao teléfono do centro:

696846412

Horario de atención ao público con cita previa: 

11:00 a 13:00 h

Recoméndase a presentación telemática a través da aplicación Admisión Alumnado na seguinte ligazón:



No caso de asistir presencialmente ao centro para entregar a documentación:
  • Obrigatoria a cita previa.
  • Obrigatorio o uso de mascarilla.
  • Obrigatorio o mantemento das distancias de seguridade (1,5 - 2 metros).

Os novos prazos do proceso de matrícula serán os seguintes:

Presentación de solicitudes de admisión: do 11 ao 18 de maio.

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.

Publicación das listaxes provisionais de admitidos: antes do 9 de xuño de 2020.

Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación. 

Publicación das listaxes definitivas de admitidos: ata o 26 de xuño de 2020.