Queridas familias,
se ha publicado en la página web de educación del Concello toda la información relativa al servicio de mañanceiros.
Podéis acceder a ella pinchando aquí.
Queridas familias,
se ha publicado en la página web de educación del Concello toda la información relativa al servicio de mañanceiros.
Podéis acceder a ella pinchando aquí.
Estimadas familias,
compartimos convosco unhas imaxes do novo material de psicomotricidade que aportou ao centro a ANPA coa axuda dunha subvención para equipamentos didácticos do Concello de Arteixo.
Queríamos agradecer á ANPA a súa colaboración coa escola.
Estimadas familias,
acaban de publicarse as axuda para o material escolar do Concello para o curso 22-23.
Podedes acceder a toda a información premendo aquí.
Estimadas familias,
Achegamos información sobre o servizo de "MAÑANCEIROS" e as ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 22-23.
Estimadas familias,
Queríamos facilitarvos información sobre as axudas do Concello para o comedor escolar para o curso 22-33.
Podedes acceder clicando aquí.
---------------------------------------------------------------------------------
Queridas familias,
Queriamos facilitaros información sobre las ayudas para el comedor escolar para el curso 22-23
Estimadas familias,
Como sabedes levamos uns anos traballando no proxecto para a reforma da patio en colaboración co CFR e Sistema LUPO a través dun Plan de Formación Permanente do Profesorado e do programa #mestradeobra.
Tras presentar o proxecto final ao Concello este curso, a reforma foi aprobada a semana pasada polo mesmo.
Queríamos dar as grazas a toda a comunidade educativa da escola pola súa colaboración no proceso: á ANPA por ser motor e enerxía en todas as propostas, ao CFR por atender sempre as necesidades e inquedanzas do profesorado e proporcionar os recursos e guías para acompañarnos, ao Sistema LUPO por ser o guía nesta andaina, e ao Concello e REPSOL por apoiar o proxecto e poñer os medios para facelo realidade.
Porque grazas a todos podemos dicir que
BARRIONOVO TEN PATIO NOVO!
Estimadas familias
Dende o CRF A Coruña en colaboración co Concello de Arteixo programouse un obradoiro coas familias no que teremos o pracer de contar con Sandra Varela Amado
Será o próximo xoves 26 de maio de 18:00 a 20:00 horas no Centro Arteixo Innovación (Avda Arsenio Iglesias)
Contará con servizo de ludoteca ao que podedes apuntarvos cubrindo un formulario na páxina d eeducación do concello.
A inscripción faise enviando un correo electrónico ao enderezo educacion@arteixo.org indicando nome e apelidos da persoa participante.
Animádevos a participar!
Estimadas familias,
Durante esta semana celebrarase o V encontro do Proxecto Arteixo Innovación dentro do cal se comparten as experiencias dos centros participantes e no cal tamén se presentan diferentes ponencias relacionas coa innovación educativa e o fomento da creativida a través das ferramentas TIC/TAC.
Adxuntamos información sobre as mesmas da páxina do Concello onde se explica como se podería inscribir nas xornadas.
Animádevos a participar!
-----------------------------------------------------------------
Querida familias,
Durante esta semana se celebrará el V Encuentro del Proyecto Arteixo Innovación dentro del cual se comparten las experiencias de los centros participantes y en el cual se presentan diferentes ponencias relacionadas con la innovación educativa y el fomento de la creatividad a través de las herramientas TIC/TAC.
Adjuntamos información sobre las mismas de la página del Concello dónde se explica como se podría inscribir en las jornadas.
Animaros a participar!
Estimadas familias,
adxuntamos información sobre as actividades organizadas polo CIM do Concello de Arteixo con motivo do 8M.
Estimadas familias
Dende o CRF A Coruña en colaboración co Concello de Arteixo programouse un obradoiro coas familias no que teremos o pracer de contar con Antonio Rial Boubeta
Será o próximo xoves 17 de febreiro de 18:00 a 20:00 horas no Centro Arteixo Innovación (Avda Arsenio Iglesias)
Contará con servizo de ludoteca ao que podedes apuntarvos cubrindo este formulario.
A inscripción faise enviando un correo electrónico ao enderezo educacion@arteixo.org indicando nome e apelidos da persoa participante antes do 15 de febreiro ás 14:00 horas.
Animádevos a participar!
Estimadas familias,
Hoxe ás 17:00 horas estará no centro a proposta titulada "ESTRAFALARIA" organizada pola ANPA e a asociación O GRILO en colaboración co Concello de Arteixo.
En principio, se o tempo acompaña, a actividade será no cuberto exterior e podedes vir un adulto acompañando á nena ou neno. De ter mal tempo, pasaremos a proposta ao Espazo Fedelleiro, no que poderán acceder os nenos e nenas e serán supervisados pola ANPA.
Animádevos a vir!
Estimadas familias,
Queríamos facervos chegar información sobre as actividades programadas polo CIM do Concello de Arteixo na conmemoración do 25N.
O propio día, xoves 25 novembro, terá lugar o acto institucional coa lectura do manifesto en contra da Violencia de Xénero que será lido no Pleno Municipal, ás 12.00h., no cal estará presente toda a corporación municipal.
O venres 26, hai programada unha obra de teatro, titulada Insubmisión. Será ás 20:00h no Centro Cívico Cultural de Arteixo.
Xa o sábado 27 de novembro teremos unha nova edición da Andaina contra a Violencia de Xénero, a cal non se puido celebrar no ano 2020 pero que recuperamos con moitas ganas. Trátase dun acto de sensibilización, reivindicación e apoio a todas as mulleres sobrevivintes da violencia de xénero. Faremos un percorrido duns 4km de dificultade baixa polas rúas do concello. Está indicado para toda a poboación. Para participar é preciso inscribirse a través do seguinte enlace:
https://www.inscribirme.com/iiiandainacontraaviolenciadexeneroconcellodearteixo
ou directamente no CIM (Avda do Balneario, 10- baixo- 981601415). A Andaina rematará coa actuación musical da arteixá Silvia Penide e cunha chocolatada.
Xa para rematar, informamos que acabamos de estrear unha APP interactiva "CONECTA CON SENTIMENTO" dirixida principalmente á xuventude co obxectivo de previr a violencia entre a xente moza, dándolles ferrramentas para poder detectala e recursos a onde acudir de ser preciso. A aplicación inclúe un test para que a rapazada poida detectar indicadores de abuso nas súas relacións de parella e ter información sobre relacións saudables basadas no respeto e igualdade. Está dispoñible para ser descargada desde as plataformas de Android e APPLE.
Agardamos que esta información sexa do voso agrado e que poidamos contar coa vosa participación en todas elas.
Estimadas familias
Dende o CRF A Coruña en colaboración co Concello de Arteixo programouse un obradoiro coas familias no que teremos o pracer de contar con Nélida Zaitegui.
Será o próximo mércores 17 de novembro de 18:00 a 19:30 horas no Centro Cívico Cultural de Arteixo
Contará con servizo de ludoteca ao que podedes apuntarvos cubrindo o seguinte formulario
A inscripción faise enviando un correo electrónico ao enderezo educacion@arteixo.org indicando nome e apelidos da persoa participante antes das 14:00 horas o día 16 de novembro.
Animádevos a participar!
![]() |
Estimadas familias,
Onte inaugurouse no centro o servizo de comedor xestionado pola ANPA.
Deixamos unhas fotos do acontemento, e queríamos agradecer tanto ao Concello de Arteixo como a ANPA o traballo realizado para poder contar co servizo na escola.
Estimadas familias,
Adxuntamos información sobre as axudas publicadas polo Concello para o material didáctico.
O prazo está aberto ata o 20 de outubro.
Estimadas familias,
durante o curso 2021-2022 as actividades extraescolares ofertadas polo Concello no centro serán os LUNS de 17:00 a 18:00.
Adxuntamos circular informativa.