lunes, 22 de junio de 2020

Matrícula 2020-2021

O PRAZO PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA É:

DO 1 AO 10 DE XULLO

A atención ao público será con cita previa que ten que ser concertada chamando ao teléfono do centro:

696846412

Horario de atención ao público con cita previa: 

11:00 a 13:00 h


 DOCUMENTACIÓN NECESARIA: 

  • DÚAS FOTOS CARNET CO NOME ESCRITO POR DETRÁS
  • IMPRESO DE MATRÍCULA
  • FOTOCOPIA DA TARXETA SANITARIA
  • FOTOCOPIA FOLLA DE INSCRICIÓN NO LIBRO DE FAMILIA
  • FOTOCOPIA DO BOLETÍN DE VACINAS


Pregamos traer os documentos necesarios xa cubertos coas fotocopias feitas.

O impreso de matrícula se pode descargar, cubrir e imprimir neste enlace:


Queremos dar a benvida a todo o alumnado que comezará o vindeiro curso no noso centro co seguinte video:

viernes, 19 de junio de 2020

Fin de curso

Rematamos dando as GRAZAS ao alumnado, familias e profesorado polo seu traballo, colaboración e grande esforzo neste curso tan excepcional.

Moita saúde e a disfrutar do verán!!!!!!

miércoles, 17 de junio de 2020

Avaliación Final

Dacordo coas instruccións da Xefatura de Inspección, a 3ª avaliación deste curso en Ed. Infantil debe interpretarse como avaliación final.

Para a comunicación das cualificacións da 3ª avaliación ou avaliación final, o boletín enviarase ao correo electrónico familiar en PDF o venres 19 de xuño.

Moita grazas polo voso esforzo e colaboración neste curso tan excepcional.

Feliz Verán!!!

miércoles, 3 de junio de 2020

Recollida dos traballos do Curso 19-20

Seguindo as instrucións da Consellería de Educación ,no mes de Xuño procederemos ao reparto dos traballos realizados polo alumnado no presente curso.

Para a recollida deste material as titoras poranse en contacto telefónico estos días coas familias para establecer unha cita.

A entrega, segundo a cita, será entre o 8 e o 12 de xuño.


Normas para a recollida do material
:

  • Acudirá unha persoa soa.
  • Obrigatoria a cita previa que marcará a titora.
  • Obrigatorio o uso de mascarilla.
  • Obrigatorio o mantemento das distancias de seguridade (1,5 - 2 metros).
  • A entrega será pola porta principal da escola.