jueves, 24 de febrero de 2022

INFORMACIÓN ADMISIÓN 22-23

 





ADMISIÓN CURSO 2022-2023

 O prazo para a presentación das solicitudes de admisión é:


do 1 ao 21 de marzo


Recoméndase a presentación telemática a través da aplicación Admisión Alumnado na seguinte ligazón:


De ser cuberta na aplicación deberán seguir os seguintes pasos:


1. Acceder ao apartado de SOLICITUDE – ADMISIÓN - CREAR


2. Unha vez creada debe ser xerado un informe e impreso para entregar no centro en horario de atención ao público e con cita previa.


Pode tamén tramitarse a reserva a través da SEDE ELECTRÓNICA e presentar asinada de maneira telemática na seguinte ligazón:


Os impresos pódense descargar, imprimir e cubrir polas familias de xeito manual e entregalos no centro solicitando cita previa.

A solicitude consta destos 2 impresos:


Xunto cos impresos de solicitude débese aportar a seguinte documentación:

  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.
  • Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/o convenio regulador onde conste a custodia do/a menor, de darse o caso.


A atención ao público será con cita previa que ten que ser concertada chamando ao teléfono do centro:

696846412

Horario de atención ao público con cita previa: 

12:30 a 13:15 h

miércoles, 23 de febrero de 2022

VACACIÓNS DE ENTROIDO

 Estimadas familias,


Recordamos que as vacacións do entroido van desde o 26 de febreiro ata o 2 de marzo, ambos inclusive.

Polo tanto volvemos o xoves 3 marzo.

Desfrutade do entroido!


--------------------------------------------------------------------------


Queridas familias,


Recordamos que las vacaciones de carnaval van desde el 26 de febrero hasta el 2 marzo, ambos incluídos.


Por lo tanto volvemos el jueves 3 de marzo.


Disfrutad del carnaval!


martes, 22 de febrero de 2022

Faite soci@!

Estimadas familias, queremos transmitir un comunicado de parte da ANPA do centro e animarvos a faceros soci@s da mesma, a súa labor é un pilar fundamental da nosa escola.

-----------------------------------------------------------------------------------

Estimadas Familias da EEI Barrionovo-Pastoriza:

 

Dende a Xunta Directiva da Anpa Barrionovo queremos facer, outra vez, un chamamento para que vos fagades socias da Anpa da nosa Escola.

 

Desde a Anpa xestionamos actividades (por exemplo as da semana da Igualdade de Xénero, acitividades culturais...), implementamos servicios que melloran a oferta da Escola (Comedor), dotamos de  medios (pantalóns impermeables, troncos de equilibrio para o Patio, mobiliario, material Covid,...), cooperamos coa Dirección e Equipo Docente da Escola, participamos no Consello Escolar, cooperamos co Concello de Arteixo,... sempre co obxectivo de redundar na mellora educativa de todas as  nenas e nenos da Escola.

O noso esforzo e traballo é voluntario, mais os materiais, actividades e servicios custan cartos.

Por iso vos pedimos que colaboredes facéndovos socias. Cantas mais familias sexamos máis logros imos obter para todas as nenas e nenos da Escola.

A cuota anual son 25€.

O número de conta é o seguinte: ES66 2100 5109 1801 0008 7908  (Caixabank – Villarrodrís)

(Indicar en Ingreso ou Transferencia o Nome da nena/o e a Aula)

 

As familias que sexan socias antes do 1 de marzo de 2022, entrarán no sorteo de 3 vales de 30€ cada un para gastar en tendas de alimentación/negocios de Pastoriza.
O sorteo realizarase o venres 4 de marzo de 2022.

 

Animádevos e facédevos socias antes do día 1 de marzo.

Lograremos unha Anpa máis forte, unha Escola Barrionovo máis forte e poderedes levar un bó agasallo de Entroido de paso.

 

MOITAS GRAZAS por adiantado pola vosa segura colaboración.

 

                                  A XUNTA DIRECTIVA

                                  ANPA BARRIONOVO




Queridas familias, queremos transmitir un comunicado de parte del ANPA del centro y animaros a haceros soci@s de la misma, su labor es un pilar fundamental dentro de nuestra escuela.

-----------------------------------------------------------------------------------

Estimadas familias de la EEI Barrionovo-Pastoriza:


Desde la Junta Directiva del Anpa Barrionovo queremos hacer, otra vez, un llamamiento para que os hagáis socias del Anpa de nuestra Escuela.

 

Desde el Anpa gestionamos actividades (por ejemplo las de la semana da Igualdad de Género, actividades culturales...), implementamos servicios que mejoran la oferta de la Escuela (Comedor), dotamos de medios (pantalones impermeables, troncos de equilibrio para el Patio, mobiliario, material Covid,...), cooperamos con la Dirección y Equipo Docente de la Escuela, participamos en el Consello Escolar, cooperamos con el Concello de Arteixo,... siempre con el objetivo de redundar en la mejora educativa de todas las niñas y niños de la Escuela.

Nuestro esfuerzo y trabajo es voluntario, pero los materiales, actividades y servicios cuestan dinero.

Por eso os pedimos que colaboréis haciéndoos socias. Cuantas más familias seamos mas logros obtendremos para todas las niñas y niños de la Escuela.

La cuota anual son 25€.

El número de cuenta es el seguinte: ES66 2100 5109 1801 0008 7908  (Caixabank – Villarrodrís)

(Indicar en Ingreso o Transferencia el Nome de la niña/o y el Aula)

 

Las familias que sean socias antes del 1 de marzo de 2022, entrarán en un sorteo de 3 vales de 30€ cada uno para gastar en tiendas de alimentación/negocios de Pastoriza.
El sorteo se realizará el viernes 4 de marzo de 2022.

 

Animaros y haceros socias antes del día 1 de marzo.

Lograremos una Anpa más fuerte, una Escuela Barrionovo más fuerte y podréis llevar un buen regalo de Entroido de paso.

 

MUCHAS GRACIAS por adelantado por vuestra segura colaboración.


                                   A XUNTA DIRECTIVA

                                  ANPA BARRIONOVO


 



martes, 8 de febrero de 2022

ESPAZO EDUCA_CreandoPontes: ANTONIO RIAL BOUBETA

                                Estimadas familias

Dende o CRF A Coruña en colaboración co Concello de Arteixo programouse un obradoiro coas familias no que teremos o pracer de contar con Antonio Rial Boubeta

Será o próximo xoves 17 de febreiro de 18:00 a 20:00 horas  no Centro Arteixo Innovación (Avda Arsenio Iglesias)

Contará con servizo de ludoteca ao que podedes apuntarvos cubrindo este formulario.

A inscripción faise enviando un correo electrónico ao enderezo educacion@arteixo.org indicando nome e apelidos da persoa participante antes do 15 de febreiro ás 14:00 horas.

Animádevos a participar!




martes, 1 de febrero de 2022

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 Estimadas familias,

Os próximos luns 14 de febreiro e 21 de febreiro organizamos as xornadas de portas abertas de 16:00 a 17:00 horas.

Para asistir teredes que pedir cita a través do teléfono do centro:

696846412



TRÍPTICO INFORMATIVO

 

Estimadas familias,
adxuntamos un tríptico informativo para o alumnado de nova incorporación.