Mostrando entradas con la etiqueta Avaliación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Avaliación. Mostrar todas las entradas

miércoles, 17 de junio de 2020

Avaliación Final

Dacordo coas instruccións da Xefatura de Inspección, a 3ª avaliación deste curso en Ed. Infantil debe interpretarse como avaliación final.

Para a comunicación das cualificacións da 3ª avaliación ou avaliación final, o boletín enviarase ao correo electrónico familiar en PDF o venres 19 de xuño.

Moita grazas polo voso esforzo e colaboración neste curso tan excepcional.

Feliz Verán!!!

martes, 31 de marzo de 2020

Sobre a 2ª Avaliación deste curso

Dacordo coas instruccións da Xefatura de Inspección, a  2ª avaliación realizarase só con respecto aos contidos curriculares e actividades realizadas polo alumnado con anterioridade á suspensión das clases, é dicir ata o 13 de marzo.

Para a comunicación das cualificacións da 2ª avaliación, o boletín das cualificacións enviarase ao correo electrónico familiar en PDF o venres 3 de abril.

Para aquelas familias que non dispoñen de correo electrónico, tendo en conta que vaise conservar o boletín no centro, chegaría con enviar a través de WhatsApp un PDF ou mesmo unha fotografía do resultado da avaliación; unha vez levantada a medida de confinamento poden recollelo formalmente no centro.

Moita grazas pola vosa colaboración.