martes, 31 de marzo de 2020

Sobre a 2ª Avaliación deste curso

Dacordo coas instruccións da Xefatura de Inspección, a  2ª avaliación realizarase só con respecto aos contidos curriculares e actividades realizadas polo alumnado con anterioridade á suspensión das clases, é dicir ata o 13 de marzo.

Para a comunicación das cualificacións da 2ª avaliación, o boletín das cualificacións enviarase ao correo electrónico familiar en PDF o venres 3 de abril.

Para aquelas familias que non dispoñen de correo electrónico, tendo en conta que vaise conservar o boletín no centro, chegaría con enviar a través de WhatsApp un PDF ou mesmo unha fotografía do resultado da avaliación; unha vez levantada a medida de confinamento poden recollelo formalmente no centro.

Moita grazas pola vosa colaboración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario