martes, 28 de febrero de 2023

8 M

Estimadas familias,

Para commemorar o Día da Muller queríamos pedirvos a vosa colaboración. Precisamos que mandedes ao mail da biblio abibliobn@gmail.com unha foto da mirada dunha muller da contorna do neno ou nena (nai, avoa, tía, prima, amiga, veciña, etc). A foto debería de ser enviada ata este venres 3 de marzo. Achegamos uns exemplos.

Moitas grazas pola vosa colaboración.


-----------------------------------------------

Queridas familias,

Para commemorar el Día de la Mujer queríamos pediros vuestra colaboración. Necesitamos que mandéis al mail de la biblio abibliobn@gmail.com una foto de la mirada de una mujer del contorno de la niña o niño (madre, abuela, tía, prima, amiga, vecina, etc.) La foto debería ser enviada hasta este viernes 3 de marzo. Adjuntamos unos ejemplos.

Muchas gracias por vuestra colaboración.





lunes, 27 de febrero de 2023

INFORMACIÓN ADMISIÓN 23-24

 





ADMISIÓN 23-24

  O prazo para a presentación das solicitudes de admisión é:


do 1 ao 20 de marzo


Recoméndase a presentación telemática a través da aplicación Admisión Alumnado na seguinte ligazón:


De ser cuberta na aplicación deberán seguir os seguintes pasos:


1. Acceder ao apartado de SOLICITUDE – ADMISIÓN - CREAR


2. Unha vez creada debe ser xerado un informe e impreso para entregar no centro en horario de atención ao público e con cita previa.


Pode tamén tramitarse a reserva a través da SEDE ELECTRÓNICA e presentar asinada de maneira telemática na seguinte ligazón:


Os impresos pódense descargar, imprimir e cubrir polas familias de xeito manual e entregalos no centro solicitando cita previa.

A solicitude consta destos 2 impresos:


Xunto cos impresos de solicitude débese aportar a seguinte documentación:

  • Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.
  • Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/o convenio regulador onde conste a custodia do/a menor, de darse o caso.


A atención ao público será con cita previa que ten que ser concertada chamando ao teléfono do centro:

696846412

Horario de atención ao público con cita previa: 

12:30 a 13:15 h

PUBLICACIÓN DE LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS ANTES DO 25 DE ABRIL DE 2023.
PUBLICACIÓN DE LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS ANTES DO 15 DE MAIO DE 2023.

viernes, 3 de febrero de 2023

DISFRACES DE ENTROIDO: IDEAS

Esas son algunhas das ideas dos complementos do disfraz. A roupa que leven por debaixo podería ser verde, negra, marrón... que vexades que combina co dino elexido.