O prazo para a presentación das solicitudes de admisión é:
do 1 ao 20 de marzo
Recoméndase a presentación telemática a través da aplicación Admisión Alumnado na seguinte ligazón:
De ser cuberta na aplicación deberán seguir os seguintes pasos:
1. Acceder ao apartado de SOLICITUDE – ADMISIÓN - CREAR
2. Unha vez creada debe ser xerado un informe e impreso para entregar no centro en horario de atención ao público e con cita previa.
Pode tamén tramitarse a reserva a través da SEDE ELECTRÓNICA e presentar asinada de maneira telemática na seguinte ligazón:
Os impresos pódense descargar, imprimir e cubrir polas familias de xeito manual e entregalos no centro solicitando cita previa.
A solicitude consta destos 2 impresos:
Xunto cos impresos de solicitude débese aportar a seguinte documentación:
- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.
- Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/o convenio regulador onde conste a custodia do/a menor, de darse o caso.
A atención ao público será con cita previa que ten que ser concertada chamando ao teléfono do centro:
696846412
Horario de atención ao público con cita previa:
12:30 a 13:15 h
PUBLICACIÓN DE LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS ANTES DO 25 DE ABRIL DE 2023.
PUBLICACIÓN DE LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS ANTES DO 15 DE MAIO DE 2023.
No hay comentarios:
Publicar un comentario