Mostrando entradas con la etiqueta #somosdemonte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta #somosdemonte. Mostrar todas las entradas

sábado, 8 de junio de 2019

PREMIO VOZ NATURA AO MELLOR PROXECTO INFANTIL

Este mércores 5 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, recibimos a noticia de que fomos escollidos como mellor Proxecto Infantil dentro do programa Voz Natura.

Queremos agradecer dende aquí a colaboración en #somosdemonte por parte das familias, de toda a comunidade educativa e do Concello de Arteixo.

Deixámosvos un podcast coa entrevista (minuto 45:30) que lle fixeron á nosa directora este venres en Voces de Galicia de Radio Voz.

Este venres foi a entrega de premios nas instalacións da Voz de Galicia.
Os nen@s de 5 anos foron os encargados de recollelo, en representación de todo o centro.
Grazas a tod@s os que o fixeron posíble!











viernes, 10 de mayo de 2019

IV ENCONTROS ARTEIXO INNOVACIÓN

Durante esta semana celebráronse os IV Encontros de experiencias EducaTIC incluídos no proxecto ARTEIXO INNOVACIÓN no que participa o centro.

Este ano estivemos nestas xornadas compartindo todo o traballo realizado no noso proxecto #somosdemonte relacionado co fomento e o uso das TIC.

Como clausura, recibimos unha distinción por parte da Concelleira, o Alcalde e o modista Lorenzo Caprile.


domingo, 28 de abril de 2019

SAÍDA AO PARQUE DE MONTICAÑO

Este venres fumos ao parque de Monticaño no que levamos a cabo unha pequena labor de reforestación. Esta actividade foi promovida polo programa Voz Natura e a puidemos levar a cabo gracias ao Concello de Arteixo.

No seguinte video podedes ver todo o que fixemos e como o desfrutamos.

miércoles, 24 de abril de 2019

VISITA A CASA DAS CIENCIAS

Hoxe visitamos a Casa das ciencias: desfrutamos do planetario, das distintas salas e ata vimos nacer un pitiño!

jueves, 28 de marzo de 2019

Saída ao Museo de Belas Artes

Esta semana fixemos unha visita guiada ao Museo de Belas Artes, onde observamos diferentes obras de arte e esculturas relacionadas coa natureza, e participamos nun obradoiro no que empregamos elementos do medio natural que o alumnado recolleu previamente coas súas familias.


jueves, 21 de marzo de 2019

SAÍDA Á FRAGA DE SISALDE

Hoxe, para celebrar o Día dos bosques, realizamos unha saída á fraga de Sisalde dentro do programa "Educatízate" do Concello de Arteixo.


viernes, 22 de febrero de 2019

ENTROIDO 2019


PERMANECEDE ATENT@S AO BLOGUE, CADA DÍA IREMOS POÑENDO O MANDADIÑO CORRESPONDENTE. 
AQUÍ VAI O PRIMEIRO!


miércoles, 13 de febrero de 2019

miércoles, 14 de noviembre de 2018

MAGOSTO 2018

Hoxe pasamos un día fantástico festexando o Magosto xunto coas familias. 
Bailamos, cantamos, xogamos e, como non, comemos castañas!


Grazas familias!!!

E para degustar as castañas... cestiñas de refugallo feitas polas familias. Fabulosas!!





miércoles, 10 de octubre de 2018

jueves, 6 de septiembre de 2018

NOVO CURSO, NOVOS RETOS...BENVIDOS!

NESTE CURSO...SOMOS DE MONTE!!
 COMEZO DAS CLASES: MÉRCORES DÍA 12,  9:15h
AGARDÁMOSVOS!!
PINCHA AQUÍ PARA VER QUE ESTÁ A PREPARAR A BIBLIOBN