sábado, 8 de junio de 2019

PREMIO VOZ NATURA AO MELLOR PROXECTO INFANTIL

Este mércores 5 de xuño, coincidindo co Día Mundial do Medio Ambiente, recibimos a noticia de que fomos escollidos como mellor Proxecto Infantil dentro do programa Voz Natura.

Queremos agradecer dende aquí a colaboración en #somosdemonte por parte das familias, de toda a comunidade educativa e do Concello de Arteixo.

Deixámosvos un podcast coa entrevista (minuto 45:30) que lle fixeron á nosa directora este venres en Voces de Galicia de Radio Voz.

Este venres foi a entrega de premios nas instalacións da Voz de Galicia.
Os nen@s de 5 anos foron os encargados de recollelo, en representación de todo o centro.
Grazas a tod@s os que o fixeron posíble!











No hay comentarios:

Publicar un comentario