domingo, 12 de junio de 2016

SAÍDA FIN DE CURSO: FORNO DO FORTE E MUSEO ETNOLÚDICO

ESTE VENRES FIXEMOS A SAÍDA DE FIN DE CURSO COAS FAMILIAS.
VISITAMOS O "FORNO DO FORTE", ONDE APRENDIMOS CÓMO SE FAN AS CERÁMICAS, CÓMO AS QUE COÑECERON OS NENOS NO TALLER DE ARTE NO PRIMEIRO TRIMESTRE E QUE ELABORABAN OS GREGOS, E DESPOIS DECORABAN CON ELEMENTOS DOS "AGONES OLÍMPICOS"
DESPOIS VISITAMOS O MUSEO ETNOLÚDICO DE GALICIA NA QUE COÑECIMOS MOITOS XOGOS TRADICIONAIS E ALGO DOS DEPORTES OLÍMPICOS, QUE ESTIVERON A TRABALLAR AO LONGO DO CURSO NAS CLASES DE PSICOMOTRICIDADE.

GRUPO I

GRUPO II

sábado, 11 de junio de 2016

VISITAMOS O ENCORO DE MEICENDE

Esta actividade forma parte do programa do Concello de Arteixo "EDUCATÍZATE"  no apartado       " SAÍMOS A COÑECER O MUNDO: ROTEIROS AMBIENTAIS"
Puidemos coñecer a diversidade de fauna e flora que forma parte deste ecosistema: vimos peixes, e parrulos, escoitamos aos paxaros e as ras. 
Vimos que na veira do encoro crecen espadanas, sabugueiros, salgueiros, ameneiros, puidemos ulir o eucalipto e comprobar como pica o toxo.
Explicáronnos  a importancia que ten o salgueiro en mediciña xa que del obtense o ácido acetilsalicilico, principio activo da ASPIRINA.
E foi moi divertido tentar lavar a roupa como se facía antigamente cando non había lavadoras nin lavanderías pero si lavadoiros.

GRUPO DE 3-4 ANOS



GRUPO DE 4-5 ANOS

viernes, 3 de junio de 2016

VISITA Á EXPOSICIÓN " TRADICIÓN, CAMBIO E INNOVACIÓN"

Hoxe visitamos a exposición de AFUNDACIÓN baixo o lema" Tradición, cambio e innovación".
Pasámolo en grande xogando coas cores, coas formas e coa música.
Descubrimos as formas na escultura de Julio Gónzalez " Cabeza llamada El tunel", aprendemos a ver de maneira diferente o cadro de Picasso " Paquet de tabac et verre", apreciamos as cores que María Blanchart utilizou en "Les deux soeurs", intentamos pintar como Miró en " Tête d´homme III" e imitamos a Kandinsky pintando con música o cadro "Weisslich"
Tamén  fixemos as nosas propias creacións e xa para relaxarnos merendamos e xogamos nos xardíns de Méndez Núñez.
Grazas unha vez máis ao persoal de AFUNDACIÓN por facer este día tan especial.

GRUPO DE 4 E 5 ANOS



GRUPO DE 3 E 4 ANOS