Hoxe visitamos a exposición de AFUNDACIÓN baixo o lema" Tradición, cambio e innovación".
Pasámolo en grande xogando coas cores, coas formas e coa música.
Descubrimos as formas na escultura de Julio Gónzalez " Cabeza llamada El tunel", aprendemos a ver de maneira diferente o cadro de Picasso " Paquet de tabac et verre", apreciamos as cores que María Blanchart utilizou en "Les deux soeurs", intentamos pintar como Miró en " Tête d´homme III" e imitamos a Kandinsky pintando con música o cadro "Weisslich"
Tamén fixemos as nosas propias creacións e xa para relaxarnos merendamos e xogamos nos xardíns de Méndez Núñez.
Grazas unha vez máis ao persoal de AFUNDACIÓN por facer este día tan especial.
GRUPO DE 4 E 5 ANOS
GRUPO DE 3 E 4 ANOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario