Esta actividade forma parte do programa do Concello de Arteixo "EDUCATÍZATE" no apartado " SAÍMOS A COÑECER O MUNDO: ROTEIROS AMBIENTAIS"
Puidemos coñecer a diversidade de fauna e flora que forma parte deste ecosistema: vimos peixes, e parrulos, escoitamos aos paxaros e as ras.
Vimos que na veira do encoro crecen espadanas, sabugueiros, salgueiros, ameneiros, puidemos ulir o eucalipto e comprobar como pica o toxo.
Explicáronnos a importancia que ten o salgueiro en mediciña xa que del obtense o ácido acetilsalicilico, principio activo da ASPIRINA.
E foi moi divertido tentar lavar a roupa como se facía antigamente cando non había lavadoras nin lavanderías pero si lavadoiros.
GRUPO DE 3-4 ANOS
GRUPO DE 4-5 ANOS
No hay comentarios:
Publicar un comentario