Mostrando entradas con la etiqueta #barrionovoquerepationovo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta #barrionovoquerepationovo. Mostrar todas las entradas

martes, 23 de enero de 2024

INAUGURAMOS O PATIO COAS FAMILIAS


POR FIN ESTREAMOS PATIO NOVO E COMA NON PODERÍA SER DOUTRO XEITO QUEREMOS CELEBRALO CON TÓDOLOS OS QUE FIXERON POSIBLE O MESMO: ANPA, CONCELLO, LUPO, FAMILIAS, MESTRAS E MESTRES, ALUMNAS E ALUMNOS...
ESPERAMOS NON OLVIDAR A NINGUÉN DOS QUE APORTARAN O SEU GRAO DE AREA A ESTE INMENSO PROXECTO QUE NON SÓ É UN PATIO BONITO DUN COLEXIO SENÓN QUE SERÁ O SEU BUQUE INSIGNIA, A CONTINUIDADE PEDAGÓXICA DO TRABALLO NO CENTRO.
DO PATIO ESPERAMOS, QUE ADEMÁIS DUN ESPAZO DE LECER, SEXA UN ESPAZO DE INVESTIGACIÓN, CONTACTO COA NATUREZA, DESENVOLVEMENTO DA CREATIVIDADE, RESOLUCIÓN DE PROBLEMAS, DESENVOLVEMENTO DE HABILIDADES MOTRICES E SOCIAIS...
SON NUMEROSOS OS ESTUDOS QUE AMOSAN OS BENEFICIOS QUE CONLEVA A INTERACCIÓN COA NATUREZA NA SAÚDE DAS NENAS E NENOS, NA SÚA CAPACIDADE DE ATENCIÓN, DESENVOLVEMENTO MOTOR E COGNITIVO, AUTONOMÍA, SEGURIDADE E CURIOSIDADE...
POR ISTO E MOITO MÁIS... 

BARRIONOVO XA TEN PATIO NOVO!!

 

jueves, 18 de enero de 2024

CHEGOU O DÍA!!!! TEMOS PATIO NOVO!!!

Por fin chegou o día de poder estrear o ansiado patio, un ano de espera pero pagou a pena.
Grazas a todolos os que fixeron posíble esta reforma que esperemos poidamos desfrutar tod@s.
Esperamos poder  facer nos próximos días unha inauguración por todo o alto con todas as familias, incluíndo as que xa non están pero participaron deste proceso.



 

lunes, 21 de noviembre de 2022

COMEZAMOS AS OBRAS!

Estimadas familias,

Queríamos comunicaros unha moi boa noticia: o mércores 23 de novembro comezan as obras do patio!

Por ese motivo cambiaremos a porta de acceso, por iso a partir de agora e ata que rematen as obras as nenas e nenos accederan ao centro pola porta de administración (por onde entran as mestras).

Queríamos comunicaros tamén que durante o tempo de recreo (12:00 a 12:30) se o tempo o permite, utilizaremos o parque grande que está ao lado da escola. Como sabedes, tedes firmada unha autorización para saír ao parque anexo, no caso de non querer que as nenas e nenos non fagan uso do outro parque podedes comunicalo por escrito. De non ser así, entendemos que autorizades a saída ao novo parque.


Moitas grazas pola vosa colaboración durante todo o proceso.


----------------------------------------------------------

Querida familias,

Queríamos comunicaros una muy buena noticia: el miércoles 23 de noviembre empiezan las obras del patio!

Por ese motivo cambiaremos la puerta de acceso, por eso a partir de ahora y hasta que terminen las obras las niñas y los niños entrarán al centro por la puerta de administración (por donde entras las maestras).

Queríamos comunicaros también que durante el tiempo de recreo (12:00 a 12:30) si el tiempo lo, utilizaremos el parque grande que está al lado de la escuela. Como sabéis, tenéis firmada una autorización para salir al parque anexo, en el caso de no querer que vuestras hijas/os hagan uso del otro parque podéis comunicarlo por escrito. De no ser así, entendemos que autorizáis la salida al nuevo parque.


Muchas gracias por vuestra colaboración durante todo el proceso.

martes, 31 de mayo de 2022

Barrionovo terá patio novo!

 Estimadas familias,

Como sabedes levamos uns anos traballando no proxecto para a reforma da patio en colaboración co CFR e Sistema LUPO a través dun Plan de Formación Permanente do Profesorado e do programa #mestradeobra

Tras presentar o proxecto final ao Concello este curso, a reforma foi aprobada a semana pasada polo mesmo.

Queríamos dar as grazas a toda a comunidade educativa da escola pola súa colaboración no proceso: á ANPA por ser motor e enerxía en todas as propostas, ao CFR por atender sempre as necesidades e inquedanzas do profesorado e proporcionar os recursos e guías para acompañarnos, ao Sistema LUPO por ser o guía nesta andaina, e ao Concello e REPSOL por apoiar o proxecto e poñer os medios para facelo realidade.


Porque grazas a todos podemos dicir que 

BARRIONOVO TEN PATIO NOVO!



jueves, 3 de junio de 2021

Barrionovo quere patio novo

Estamos inmers@s nun proceso participativo de renaturalización do patio da escola, pero isto xa o sabedes porque sodes parte del.

Este cambio é preciso para ser coherentes co noso ideario e a nosa pedagoxía.

Os nenos e nenas son @s protagonistas deste cambio e o resto de axentes participantes (mestras, arquitect@s, familias, administración) somos facilitadoras. O noso cometido é facer que se sintan acompañad@s neste proceso de toma de decisións e empoderamento persoal.

O fin da educación é o desenvolvemento integral do alumnado mais se queremos chegar a adult@s responsables capaces de participar nas esferas de decisión da propia comunidade, debemos promover dende a infancia dita participación, decisión e interese polo común.

Compartimos con moito agarimo o seguinte vídeo onde resumimos a experiencia deste curso que, malia ser atípico, conseguimos pintar de cores e avanzar cara un Barrionovo máis auténtico, máis noso.

Grazas a tod@s @s que o facedes posible cada día.

#Barrionovoquerepationovo