12:09 (hace 0 minutos) |
O prazo para a presentación das solicitudes vai do 19 de maio de 2026 ás 8:00 horas ao 10 de setembro ás 15:00 horas.
Para as familias, o procedemento de solicitude desta convocatoria é o mesmo que o do curso pasado: as solicitudes cubriranse polos solicitantes exclusivamente a través da web da sede electrónica do Ministerio de Educación, FP e Deportes: https://sede.educacion.gob.es.
Unha vez cuberto o formulario da solicitude, os/as solicitantes deben asegurarse de que a aplicación xerou un Xustificante de presentación. A solicitude queda presentada nese momento.
MOI IMPORTANTE: a solicitude non debe quedar en estado borrador. Se fora así, non sería válida e non se podería tramitar. O solicitante poderá presentar varias solicitudes dentro do prazo, sendo válida a última delas. É dicir, se precisades facer algunha rectificación poderedes facer unha nova solicitude. Por exemplo, este sería o caso dun cambio de centro educativo. Nese caso, recoméndase realizar a solicitude unha vez tramitada a matrícula no novo centro.
Como novidade este ano o Ministerio incorporou o Nº de Expediente. Unha vez fagades a solicitude a través da web do Ministerio enviade ao centro educativo o Xustificante de presentación, onde aparece o mesmo, para que poidamos realizar o trámite. O enderezo ao que teredes que enviar o Xustificante de presentación é o seguinte:
eei.barrionovo@edu.xuntal.gal
No correo especificade a se solicitades as seguintes axudas: reeducación pedagóxica, reeducación da linguaxe, programa específico para alumnado con altas capacidades , axuda para transporte interurbano, axuda para transporte urbano, axuda para comedor, axuda para material* (*Esta axuda non é compatible con outras axudas de organismos públicos para o mesmo concepto, polo que son incompatibles coas axudas para material escolar e libros de texto) Se solicitades axuda para reeducación pedagóxica, reeducación da linguaxe ou para un programa específico para alumnado con altas capacidades, teredes que levar ao centro, gabinete ou profesional que realice ese servizo unha copia do ANEXO VI, que achegamos en formato dixital, para que o cubran e asinen. Teredes que entregalo no centro no mes de setembro. Se solicitades axuda para comedor e/ou transporte, teredes que asinar en papel no centro unha declaración responsable de non recibir axudas públicas e/ou privadas polo mesmo concepto. Este trámite farase tamén en setembro.
Anexamos un documento informativo sobre a documentación que se precisa presentar, os prazos e procedemento para facer a solicitude e o modelo do Anexo VI
No hay comentarios:
Publicar un comentario