martes, 31 de mayo de 2022

Barrionovo terá patio novo!

 Estimadas familias,

Como sabedes levamos uns anos traballando no proxecto para a reforma da patio en colaboración co CFR e Sistema LUPO a través dun Plan de Formación Permanente do Profesorado e do programa #mestradeobra

Tras presentar o proxecto final ao Concello este curso, a reforma foi aprobada a semana pasada polo mesmo.

Queríamos dar as grazas a toda a comunidade educativa da escola pola súa colaboración no proceso: á ANPA por ser motor e enerxía en todas as propostas, ao CFR por atender sempre as necesidades e inquedanzas do profesorado e proporcionar os recursos e guías para acompañarnos, ao Sistema LUPO por ser o guía nesta andaina, e ao Concello e REPSOL por apoiar o proxecto e poñer os medios para facelo realidade.


Porque grazas a todos podemos dicir que 

BARRIONOVO TEN PATIO NOVO!



No hay comentarios:

Publicar un comentario