Esta semana Barrionovo sumouse ao movemento global pola emerxencia climática.
Estamos moi preocupados/as pola situación do planeta e queriamos contribuir conmemorando este día.
Na
biblioBN, como todos os venres, agardábanos unha encurta mais nesta
ocasión, a encurta estaba acompañada dunha recreación da situación
actual de mares e océanos, ateigados de plásticos e contaminación por
plásticos que matan animáis e prantas.
Ademáis atropamos o retrato do inventor do plástico, aínda que nós non soubemos quen era. Cos datos que figuraban na imaxe, nome, data de nacemento e morte, imos investigalo nas aulas.
Ademais, como neste curso no programa Voz Natura estamos a traballar a reducción de residuos plásticos, enviamos ás familias unha nota para pedirlles a súa colaboración á hora de preparar o almorzo que traen as nenas e nenos á escola.
No hay comentarios:
Publicar un comentario