miércoles, 20 de diciembre de 2023

Información ANPA: Camisetas personalizadas


Queridas familias, dende a ANPA desenrolamos unha iniciativa para as nosas nenas e nenos.

Adquirimos camisetas técnicas para cada aula coa cor correspondente á mesma (azul, laranxa e rosa)

Usarémola principalmente nas actividades de saídas e excursións.

Estas camisetas levan o logotipo da Escola de Barrionovo-Anpa por diante e o Nome do neno/nena por detrás.

O prezo de cada camiseta é de:

4€ (Familias Socias)

6€ (Familias non Socias)

@s interesad@s podedes retiralas aboando a cantidade correspondente a través da vosa titora, que despois o fará chegar ao Anpa.

——————————————————

Estimadas familias, desde el ANPA desarrollamos una iniciativa para nuestras niñas y niños. Adquirimos camisetas técnicas para cada aula con el color correspondiente a cada una (azul, naranja y rosa) La usaremos principalmente en las actividades de salidas y excursiones. Estas camisetas llevan el logotipo de la Escuela de Barrionovo-Anpa por delante y el Nombre del niño/niña por detrás. El precio de cada camiseta es de: 4€ (Familias Socias) 6€ (Familias no Socias) L@s interesad@s podréis retirarlas abonando la cantidad correspondiente a través de vuestra tutora, que después lo hará llegar al Anpa.


lunes, 18 de diciembre de 2023

ADORNOS SOLIDARIOS

Este Nadal nas aulas estivemos a decorar estes adornos solidarios
Poderás recuperalo acudindo aos comercios participantes de Arteixo intercambiando os mesmos por alimentos.
Os nosos adornos atópanse nos seguintes comercios de Arteixo:

Ademáis, por participar, levaredes unha participación para un sorteo dunha viaxe a Warner.
(Participación que vos dimos na escola)
Para o sorteo deberás botar a metade da túa participación na urna situada na Avda. do Balneario, 
e acudir o día 23 ás 17:00h para o sorteo presencial
(Toda a información no cartel)





 

miércoles, 22 de noviembre de 2023

Teatro pola igualdade: Lúa quere viaxar a Marte

  Este mércores, grazas a ANPA de BARRIONOVO, visitounos Zeltia, da Xanela do maxín, coa súa obra “Lúa quere viaxar a Marte”



Unha actividade para fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Hai e houbo grandes mulleres científicas, investigadoras e astronautas, que son o referente de Lúa para seguir adiante e enfrontarse aos impedimentos que se lle queren impoñer.

(Actividade subvencionada pola ANPA BARRIONOVO)




martes, 21 de noviembre de 2023

ENAPA con Bibiana Infante: Disciplina Positiva

 


Unha xornada para a reflexión ao redor da maneira de educar e coma afrontar novos retos.
Dúas palabras clave, Amabilidade e firmeza, as claves do éxito, e coma non, paciencia e perseverancia.
Mestras e familias traballamos na mellora das nosas habilidades da man dunha experta como é Bibiana Infante.

viernes, 17 de noviembre de 2023

Magosto 2023










Pola aulas estivemos a realizar diferentes talleres: Música, recipientes de refugallo e xogos tradicionais, e despois…a desgustar as castañas!
 
 

martes, 5 de septiembre de 2023

INFORMACIÓN DA ANPA

 Estimadas familias, achegamos información de parte da ANPA da escola.


ÚNETE Á ANPA DA EEI DE BARRIONOVO

A ANPA da EEI de Barrionovo davos a benvida ao curso 2023/2024.
Sabedes que cantos máis sexamos na ANPA máis fortes seremos para poder realizar actividades e melloras no centro e nos servizos. Por iso, enviamos a ficha de alta do curso 2023/2024. A cota son 25 € (posibilidade de abonar en dous prazos)

Na mesma ficha tedes o número de conta da ANPA para realizar o ingreso
  • COTA ANUAL POR FAMILIA= 25 €
  • CUBRIR A FICHA E DEVOLVELA CUBERTA POR ALGÚN DESTES MEDIOS:
    • Por correo electrónico a ampa.barrionovo@hotmail.es
    • Deixar no buzón da ANPA situado na entrada da escola
    • Entregar en man algún membro da ANPA
  • NO CONCEPTO DO INGRESO/TRANSFERENCIA INDICAR NOME E APELIDOS DO NENO OU NENA E CURSO. Por exemplo: Manuela Rial López 6º CURSO (AULA LARANXA)

Saúdos e moitas grazas.
ANPA EEI Barrionovo