martes, 8 de febrero de 2022

ESPAZO EDUCA_CreandoPontes: ANTONIO RIAL BOUBETA

                                Estimadas familias

Dende o CRF A Coruña en colaboración co Concello de Arteixo programouse un obradoiro coas familias no que teremos o pracer de contar con Antonio Rial Boubeta

Será o próximo xoves 17 de febreiro de 18:00 a 20:00 horas  no Centro Arteixo Innovación (Avda Arsenio Iglesias)

Contará con servizo de ludoteca ao que podedes apuntarvos cubrindo este formulario.

A inscripción faise enviando un correo electrónico ao enderezo educacion@arteixo.org indicando nome e apelidos da persoa participante antes do 15 de febreiro ás 14:00 horas.

Animádevos a participar!




martes, 1 de febrero de 2022

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 Estimadas familias,

Os próximos luns 14 de febreiro e 21 de febreiro organizamos as xornadas de portas abertas de 16:00 a 17:00 horas.

Para asistir teredes que pedir cita a través do teléfono do centro:

696846412



TRÍPTICO INFORMATIVO

 

Estimadas familias,
adxuntamos un tríptico informativo para o alumnado de nova incorporación.



lunes, 24 de enero de 2022

ACTUALIZACIÓN PROTOCOLO COVID

Estimadas familias,

Queríamos facervos chegar información sobre a actualización do protocolo COVID da Consellería.

Adxuntamos unha imaxe para que coñezades cales son as novas medidas a ter en conta no caso de existir algún caso no centro.



No caso de ser contacto estreito e non ter que gardar corentena teríades que seguir as seguintes medidas de vixilancia.

No caso de dar positivo un alumno ou alumna nun test de antíxenos teríades que cubrir este formulario ou chamar ao número 881 540 045 e tamén comunicalo ao centro.

Recordarvos a importancia de non asistir ao centro se se presentan síntomas compatibles con COVID (tose, febre, fatiga, dificultade respiratoria, dor de cabeza, dor de garganta ou conxestión nasal)

Moitas grazas pola vosa colaboración.


-------------------------------------------------------------------------------------

Queridas familias,

Queríamos haceros llegar información sobre la actualización del protocolo COVID de la Consellería.

Adjuntamos una imagen para que conozcáis cuales son las nuevas medidas a tener en cuenta en el caso de existir algún caso en el centro.



En el caso de ser contacto estrecho y no tener que guardar cuarentena tendríais que seguir las siguientes medidas de vigilancia.

En el caso de dar positivo un alumno o alumna en un test de antígenos tendríais que cubrir este formulario o llamar al número 881 540 045 y también comunicarlo al centro.

Recordaros la importancia de no asistir al centro si se presentan síntomas compatibles con COVID (tos, fiebre, fatiga, dificultad respiratoria, dolor de cabeza, dolor de garganta o congestión nasal)

Muchas gracias por vuestra colaboración.







martes, 11 de enero de 2022

RESERVA DE PRAZA PARA CENTRO ADSCRITO

Entre o día 11 de xaneiro e o 8 de febreiro o alumnado de 6º de Educación Infantil ten que presentar neste centro o IMPRESO ED550A correspondente á reserva de praza no centro adscrito.

Recordar que o centro ao que está adscrito a escola é o CEIP Galán.

O impreso pode ser cuberto polas familias de xeito manual e entregado no noso centro, ou a través da aplicación Admisión Alumnado na seguinte ligazón:




De ser cuberta na aplicación deberán seguir os seguintes pasos:

    1. Acceder ao apartado de SOLICITUDE – RESERVA - CREAR

    2. Unha vez creada debe ser xerado un informe e impreso para entregar no centro.

Pode tamén tramitarse a reserva a través da SEDE ELECTRÓNICA e presentar asinada de maneira telemática na seguinte ligazón:





Calquera dúbida será resolta telefónicamente pola dirección.


IMPRESO PARA DESCARGAR, CUBRIR E ENTREGAR NO CENTRO


IMPRESO ED550A  en Galego

IMPRESO ED550A en Castellano


PARA MÁIS INFORMACIÓN:





domingo, 19 de diciembre de 2021

DOA SANGUE!

 Estimadas familias,


o vindeiro MÉRCORES 22 DE DECEMBRO estará a unidade móbil para a doazón de sangue diante da farmacia de 16:00 a 21:00 horas.

Adxuntamos cartel informativo.




viernes, 10 de diciembre de 2021

POSTAIS SOLIDARIAS

Coma tódolos anos seguimos a colaborar na campaña de Nadal do CCA de Arteixo "Postais solidarias".
Estas postais foron decoradas no cole e agora están expostas en establecementos de Arteixo.
Se queredes recuperar a vosa postal só tedes que acudir ó establecemento e canxeala por alimentos non perecedeIros.
As postais da nosa escola atópanse no establecemento:
"TRES SORRISOS"

Máis información pincha aquí