domingo, 19 de diciembre de 2021

DOA SANGUE!

 Estimadas familias,


o vindeiro MÉRCORES 22 DE DECEMBRO estará a unidade móbil para a doazón de sangue diante da farmacia de 16:00 a 21:00 horas.

Adxuntamos cartel informativo.




viernes, 10 de diciembre de 2021

POSTAIS SOLIDARIAS

Coma tódolos anos seguimos a colaborar na campaña de Nadal do CCA de Arteixo "Postais solidarias".
Estas postais foron decoradas no cole e agora están expostas en establecementos de Arteixo.
Se queredes recuperar a vosa postal só tedes que acudir ó establecemento e canxeala por alimentos non perecedeIros.
As postais da nosa escola atópanse no establecemento:
"TRES SORRISOS"

Máis información pincha aquí


jueves, 2 de diciembre de 2021

7 DE DECEMBRO: DÍA NON LECTIVO!

 Estimadas familias,

O próximo martes 7 de decembro non haberá clase.

O centro solicitouno como día non lectivo.

Agardamos que disfrutedes da ponte e que veñades coas pilas cargadas para rematar o trimestre e o 2021.

Vémonos á volta, o xoves 9 de decembro.


Podedes revisar o calendario escolar aquí.

lunes, 29 de noviembre de 2021

ESTRAFALARIA

 Estimadas familias,


Hoxe ás 17:00 horas estará no centro a proposta titulada "ESTRAFALARIA" organizada pola ANPA e a asociación O GRILO en colaboración co Concello de Arteixo.

En principio, se o tempo acompaña, a actividade será no cuberto exterior e podedes vir un adulto acompañando á nena ou neno. De ter mal tempo, pasaremos a proposta ao Espazo Fedelleiro, no que poderán acceder os nenos e nenas e serán supervisados pola ANPA.

Animádevos a vir!



viernes, 26 de noviembre de 2021

CONTACONTOS "O RATIÑO PRESIMIDO"

 Estimadas familias,

Este luns 29 de novembro recibimos no centro á compañía de teatro TRINKE-TRINKE co seu contacontos "O ratiño presumido".





Con esta actividade pechamos as propostas realizadas nestas datas sobre a igualdade e contra as violencias machistas.

É unha actividade subvencionada por parte do Concello a través do CIM.





MAXIA POLA IGUALDADE

 Estimadas familias,


O pasado 24 de novembro puidemos desfrutar no cole dunha actividade de Maxia pola igualdade grazas á ANPA do centro.


Todo o alumnado gozou con Fani Triana o o seu espectáculo.



Moitas grazas á ANPA pola súa proposta.


jueves, 25 de noviembre de 2021

ACTIVIDADES CIM 25N

 Estimadas familias,

Queríamos facervos chegar información sobre as actividades programadas polo CIM do Concello de Arteixo na conmemoración do 25N.

O propio día, xoves 25 novembro, terá lugar o acto institucional coa lectura do manifesto en contra da Violencia de Xénero que será lido no Pleno Municipal, ás 12.00h., no cal estará presente toda a corporación municipal.

O venres 26, hai programada unha obra de teatro, titulada Insubmisión. Será ás 20:00h no Centro Cívico Cultural de Arteixo.

Xa o sábado 27 de novembro teremos unha nova edición da Andaina contra a Violencia de Xénero, a cal non se puido celebrar no ano 2020 pero que recuperamos con moitas ganas. Trátase dun acto de sensibilización, reivindicación e apoio a todas as mulleres sobrevivintes da violencia de xénero. Faremos un percorrido duns 4km de dificultade baixa polas rúas do concello. Está indicado para toda a poboación. Para participar é preciso inscribirse  a través do seguinte enlace:

https://www.inscribirme.com/iiiandainacontraaviolenciadexeneroconcellodearteixo

ou directamente no CIM (Avda do Balneario, 10- baixo- 981601415). A Andaina rematará coa actuación musical da arteixá Silvia Penide e cunha chocolatada.

Xa para rematar, informamos que acabamos de estrear unha APP interactiva "CONECTA CON SENTIMENTO" dirixida principalmente á xuventude co obxectivo de previr a violencia entre a xente moza, dándolles ferrramentas para poder detectala e recursos a onde acudir de ser preciso. A aplicación inclúe un test para que a rapazada poida detectar indicadores de abuso nas súas relacións de parella e ter información sobre relacións saudables basadas no respeto e igualdade. Está dispoñible para ser descargada desde as plataformas de Android e APPLE.

Agardamos que esta información sexa do voso agrado e que poidamos contar coa vosa participación en todas elas.