sábado, 21 de diciembre de 2019

UN NADAL POLO MUNDO

Este venres tivemos unha xornada festiva e familiar. 
Contamos coa visita do Carteiro Real, realizamos un Obradoiro de Cociña para preparar aperitivos para a merendola de despois da festa na que bailamos, cantamos e festexamos coas familias o final do primeiro trimestre de #MesturArte.








lunes, 16 de diciembre de 2019

SOÑANDO INVENTEI

Hoxe contamos na BiblioBN coa presenza de Mª Faltri e Jorge Juncal co espectáculo "Soñando inventei", un espectáculo Trans-Formador por e para a igualdade.

miércoles, 4 de diciembre de 2019

Saída Museo Belas Artes

Hoxe visitamos o Museo de Belas Artes de A Coruña. Alí fixemos un percorrido por diferentes edificacións a través da arte.





miércoles, 27 de noviembre de 2019

MAGOSTO 2019

A choiva non puido coas ganas de festexar o Magosto en Barrionovo: xuntanza coas familias, talleres de elaboración dun tres en raia e dun colar de castañas, música e castañas quentiñas! Que bonita xornada pasamos:

25 N: NON É NON


  O 25 de novembro a BibliBn vestiuse de gala para recibir a Silvia Penide e Nati Navaza.
A través da música e a Linguaxe de signos fixéronnos chegar a importancia do RESPECTO.
Grazas pola mensaxe e a marabillosa maneira de transmitila, 
aos nen@s e máis os adultos.


 

E de agasallo...






jueves, 14 de noviembre de 2019

“Merenda con pan de millo” de Migallas Teatro

Hoxe o alumnado de 5 anos asistíu ao espectáculo músico-teatral "Merenda con pan de millo", do grupo Migallas Teatro, na Coruña. 




Actuación promovida polo equipo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña dentro do programa Falamos primaria.

miércoles, 6 de noviembre de 2019

VISITA A EXPOSICIÓN “NUESTRO PLANETA”

Hoxe visitamos a Fundación Abanca para gozar das fotografías incluídas na exposición “Nuestro planeta” e que mostraban a súa beleza.

Ademáis realizamos un obradoiro para facer fincapé na importancia de ter hábitos sostíbeis.