lunes, 29 de abril de 2019

OS ELECTRECOS EN BARRIONOVO

Hoxe chegaron ao noso cole os "Electrecos" para contarnos en que consiste o Movemento RAEE dos Bolechas.
Os Electrecos son uns superheroes encargados de concienciar da reciclaxe dos aparatos eléctricos e electrónicos. Os Electrecos están a reclutar superheroes que lles axuden na súa labor de reciclaxe e para iso contaronnos onde podemos levar estes aparellos cando xa non se utilicen, puntos limpios, tendas...
Aprendimos un montón e máis rematamos cantando un rap de reciclaxe.

E de agasallo...un libro dos bolechas "Os Electrecos"
GRAZAS!


domingo, 28 de abril de 2019

SAÍDA AO PARQUE DE MONTICAÑO

Este venres fumos ao parque de Monticaño no que levamos a cabo unha pequena labor de reforestación. Esta actividade foi promovida polo programa Voz Natura e a puidemos levar a cabo gracias ao Concello de Arteixo.

No seguinte video podedes ver todo o que fixemos e como o desfrutamos.

miércoles, 24 de abril de 2019

VISITA A CASA DAS CIENCIAS

Hoxe visitamos a Casa das ciencias: desfrutamos do planetario, das distintas salas e ata vimos nacer un pitiño!

viernes, 12 de abril de 2019

Vacacións e saída á Casa das ciencias

Recordade que voltamos o día 23 de abril das vacacións de Semana Santa.

 
E á volta, o mércores 24 de abril, faremos unha saída á casa das ciencias.