lunes, 26 de noviembre de 2012

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

Lembrade que este MARTES 27 de Novembro terán lugar as eleccións a representantes de pais e nais no Consello Escolar do centro.
A mesa electoral permanecerá aberta de 17:00 a 20:00 horas.
Animamos a todos e todas a participar.

    

martes, 13 de noviembre de 2012

viernes, 26 de octubre de 2012

Sorteo Xunta Electoral



O MARTES 30 DE OUTUBRO ÁS 11:30 HORAS PROCEDERASE AO SORTEO PÚBLICO PARA A DESIGNACIÓN  DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL PARA A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS AO CONSELLO ESCOLAR .
Artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada polo Decreto 324/1996; DOG do 9 de Agosto

viernes, 5 de octubre de 2012

REUNIÓN DE INICIO DE CURSO

O próximo martes 9 de Outubro, teremos as reunións de inicio de curso  no seguinte horario:

16:00 h: 3 anos

17:00 h: 4 anos

18:00 h: 5 anos

¡Esperamos a vosa asistencia!

martes, 18 de septiembre de 2012

AXUDAS PARA LIBROS E MATERIAIS

O Concello de Arteixo convoca axudas para adquirir libros de texto, materiais curriculares e material didáctico e complementario para o alumnado do segundo ciclo de Educación Infantil dos centros educativos sostidos con fondos públicos para aquelas unidades familiares ou de convivencia que estean empadroadas e residan durante o curso escolar neste Concello.

Os interesados poderán presentar as súas solicitudes ata o 29 de SETEMBRO no Rexistro Xeral do Concello de Arteixo.

Poden descargar as solicitudes AQUI.

martes, 4 de septiembre de 2012

COMEZO DO CURSO

Recordade que o vindeiro mércores 12 de setembro comezan as clases.
O horario será de 9:15h a 14:15h.