lunes, 6 de mayo de 2024
jueves, 18 de abril de 2024
ENAPA: Uso saudable da tecnoloxía
Hoxe tivo lugar na Nosa escola un encontro no que puidemos compartir a necesidade do uso responsable das tecnoloxías e os perigos que estas poden significar nun futuro non moi lonxano para @s nos@s pequen@s.
Quedou claro que esta é unha labor conxunta da comunidade educativa, de ahí a necesidade un traballo conxunto, común e consensuado no que familia e escola traballen xuntas.
Non tentamos de denostar as novas tecnoloxías senón de saber utilizalas con sentido e finalidade, seleccionando contidos, tempos, con control, seguridade…
lunes, 15 de abril de 2024
miércoles, 3 de abril de 2024
ENAPA: Uso saudable das tecnoloxías
O vindeiro xoves 18 de abril terá lugar na escola o último encontro da Escola de Nais e Pais promovida polo centro, onde se abordará o uso das novas tecnoloxías na infancia e na adolescencia.
Os que necesitedes acudir cos nenos/as falade coas titoras.
Agradecemos que confirmedes a vosa asistencia.
Grazas
martes, 2 de abril de 2024
ADMISIÓN 24-25
Todas as solicitudes presentadas foron admitidas.
A información contida neste listaxe só pode facerse pública:
- Presencialmente: Única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.
- Telemáticamente: Única e exclusivamente a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou certificado dixita
miércoles, 28 de febrero de 2024
ADMISIÓN 24-25
O prazo para a presentación das solicitudes de admisión é:
do 1 ao 20 de marzo
Recoméndase a presentación telemática a través da aplicación Admisión Alumnado na seguinte ligazón:
De ser cuberta na aplicación deberán seguir os seguintes pasos:
1. Acceder ao apartado de SOLICITUDE – ADMISIÓN - CREAR
2. Unha vez creada debe ser xerado un informe e impreso para entregar no centro en horario de atención ao público e con cita previa.
Pode tamén tramitarse a reserva a través da SEDE ELECTRÓNICA e presentar asinada de maneira telemática na seguinte ligazón:
Os impresos pódense descargar, imprimir e cubrir polas familias de xeito manual e entregalos no centro solicitando cita previa.
O impreso de solicitude:
Xunto co impreso de solicitude débese aportar a seguinte documentación:
- Documento acreditativo do requisito de idade do alumno/a.
- Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/o convenio regulador onde conste a custodia do/a menor, de darse o caso.
A atención ao público será con cita previa que ten que ser concertada chamando ao teléfono do centro:
696846412
Horario de atención ao público con cita previa:
12:30 a 13:20 h
PUBLICACIÓN DE LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS ANTES DO 25 DE ABRIL DE 2024.
PUBLICACIÓN DE LISTAXE DEFINITIVA DE ADMITIDOS ANTES DO 15 DE MAIO DE 2024.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)









