lunes, 14 de diciembre de 2020

IV Recollida de Alimentos que organiza a Asociación O Grilo

Comeza a IV Recollida de Alimentos que organiza a Asociación O Grilo e na que a ANPA Barrionovo colabora, xunto con outras ANPAS de Arteixo e a Escolas Deportivas de Pastoriza.




viernes, 4 de diciembre de 2020

Máscaras Solidarias do CCA de Arteixo: Establecemento

O CCA de Arteixo infórmanos do seguinte:


  • Dende mañá as máscaras elaboradas polo alumnado da EEI BARRIONOVO estarán colocadas no establecemento BALNEARIO VISIÓN de Arteixo.

  • Cando se donen os alimentos podedes compartir cunha foto en redes sociais baixo o hashtag #ArteixoSolidario, e poden etiquetarnos (@arteixocca) e tamén ao Banco de Alimentos Rías Altas (@balrial). Deste xeito poden sensibilzar a máis xente para que donde alimentos.


  • Lembrade que ese é o obxectivo principal, que coas máscaras que fixo o alumnado, calquera persoa, incluso que non teña fillos nos vosos centros, done alimentos recollendo como premio unha máscara. Polo que se algún neno ou nena non atopa a súa no establecemento, é porque esa máscara cumpriu a súa función de sensibilización social. Igualmente, temos algunha máis en branco na nosa oficina (rúa Mestre Mateo nº10 baixo) por se acaso.

Calquera dúbida, o CCA está á vosa disposición no teléfono 608549011.

Sesión de contacontos en horario escolar

Gazas á ANPA hoxe defrutamos de 2 sesións de contacontos para o alumnado de 4 e 5 anos durante a xornada lectiva a cargo da Tropa de Trapo co espectáculo "Contos de Nenas Grandes e Pequenas".









Actividade subvencionada pola Secretaría Xeral de Igualdade ó abeiro do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

Dia non lectivo

Lembramos que o vindeiro luns 7 de Decembro foi declarado día non lectivo, polo que non haberá clase ata o mércores 9 de Decembro.

miércoles, 2 de diciembre de 2020

Nota da ANPA: Pantalóns Impermeables

A ANPA ofrece a compra de pantalóns impermeables para empregar no patio da escola.



Prezos:

5€ para socios da Anpa
7€ para non socios

Para encargalos meter no buzón da ANPA unha nota co nome do/a neno/a e talla según ficha do producto.

O pago se fará na entrega do producto.

Prazo tope para pedido día 10 de decembro.

viernes, 27 de noviembre de 2020

Mascarillas 25N



Con motivo do 25 - N, día da eliminación da violencia contra as mulleres, o Concello de Arteixo entregou aos centros educativos mascarillas para reparto entre o alumnado de Educación Infantil e Primaria.

Certificado de homologación aportado polo Concello das mascarillas repartidas con motivo do 25-N.








miércoles, 25 de noviembre de 2020

Unha armadura con ferruxe

Polo 25N e grazas a unha subvención da ANPA desfrutamos de 3 sesións de monicreques para o alumnado (unha para cada clase) a cargo de Garabato de Xogos.