miércoles, 22 de mayo de 2024

AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL

 Estimadas familias, 

está aberto o prazo para solicitar a axuda para adquisición de libros de texto e material escolar da xunta para o curso 24/25.

A continuación tedes toda a información necesaria


Prazo de solicitude:do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos.

Texto da convocatoria: ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)


Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar].

           IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

           NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].
  • Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.


No hay comentarios:

Publicar un comentario