domingo, 14 de enero de 2024

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO ADSCRTITO

Entre o día 15 de xaneiro e o 5 de febreiro o alumnado de 6º de Educación Infantil ten que presentar neste centro o IMPRESO ED550A correspondente á reserva de praza no centro adscrito.

Recordade que o centro ao que está adscrito a escola é o CEIP Galán.

FORMAS DE PRESENTACIÓN

A) O impreso pode ser cuberto polas familias de xeito manual e entregado no noso centro

 ________________________

B) A través da aplicación Admisión Alumnado na seguinte ligazón:




De ser cuberta na aplicación deberán seguir os seguintes pasos:

    1º Acceder ao apartado de SOLICITUDES – RESERVA - CREAR

    2º Unha vez creada debe ser xerado un informe e impreso para entregar no centro.

 ________________________
 
C) Pode tamén tramitarse a reserva a través da SEDE ELECTRÓNICA e presentar asinada de maneira telemática na seguinte ligazón (para o que se precisa chave 365)





Calquera dúbida será resolta telefónicamente pola dirección.

   __________________________


IMPRESO PARA DESCARGAR, CUBRIR E ENTREGAR NO CENTRO


IMPRESO ED550A  en Galego

IMPRESO ED550A en Castellano


PARA MÁIS INFORMACIÓN:






No hay comentarios:

Publicar un comentario