martes, 4 de mayo de 2021

O GRUPO TRADICIONAL SETESTRELO TRAE "O CAMIÑO" AO AUDITORIO DE ARTEIXO



Sabías que Setestrelo é o nome tradicionalmente dado en Galicia ao asterismo da Osa Maior debido a que ten sete estrelas ben visibles? Noutras culturas este asterismo tamén é coñecido polo nome de Gran Carro ou o Cazo.

Pero ademais é o nome escollido para unha agrupación que aúna un corpo de música e baile tradicional espectacular que nos presentará este venres 7 de maio ás 20:00 h o seu espectáculo O Camiño, un percorrido polas diversas rutas xacobeas, levado a escena cunha combinación de fotografía, vídeo, presentación teatralizada, canto e música.

Setestrelo pretende levar ao público a fantasía de facer o Camiño de Santiago desde a súa butaca e poñer en valor a música tradicional e mostrar a riqueza paisaxística e monumental de Galicia. Con ese fin, interpretan pezas tanto das zonas por onde transcorren os camiños como das súas áreas de influencia, músicas de autor e temas compostos para ese camiño en concreto.

Para todos os públicos

Custo da entrada: 6 € (4,50 € prezo reducido)

Venda de entradas: o día da función de 11:30-13:30 e de 18:00-20:00 h na billeteira do CCC de Arteixo ata completar a capacidade da sala

Con este espectáculo a Concellaría de Cultura inaugura o PROGRAMA CULTURAL MANUEL MURGUÍA que terá lugar en maio, mes das Letras, e mes no que se celebra o 30º Aniversario do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía.




No hay comentarios:

Publicar un comentario