lunes, 12 de abril de 2021

ENQUISA DE DIAGNOSE DA CONVIVENCIA 2021

Dende a Consellería de Cultura, Educación e Universidade ponse en marcha a realización dunha enquisa que permita analizar o estado da convivencia e das novas formas nas que se está a desenvolver, como consecuencia do impacto da COVID-19 na nosa comunidade educativa.

Esta sondaxe anónima ten por finalidade coñecer a opinión dos distintos colectivos (directores e directoras, profesorado, alumnado, persoal non docente e familias) e permitirá, a través do análise das respostas obtidas, a introdución de avances e melloras neste ámbito dun xeito global e integrador.

A enquisa estará operativa desde o 12 de abril ao 29 de abril.

As familias poden acceder a ela desde este enlace ingresando unha clave persoal que será entregada o martes 13 de abril:




Guía para cubrir a enquisa:


Máis info en:


No hay comentarios:

Publicar un comentario