Estimadas familias,
o vindeiro MÉRCORES 22 DE DECEMBRO estará a unidade móbil para a doazón de sangue diante da farmacia de 16:00 a 21:00 horas.
Adxuntamos cartel informativo.
Estimadas familias,
o vindeiro MÉRCORES 22 DE DECEMBRO estará a unidade móbil para a doazón de sangue diante da farmacia de 16:00 a 21:00 horas.
Adxuntamos cartel informativo.
Estimadas familias,
O próximo martes 7 de decembro non haberá clase.
O centro solicitouno como día non lectivo.
Agardamos que disfrutedes da ponte e que veñades coas pilas cargadas para rematar o trimestre e o 2021.
Vémonos á volta, o xoves 9 de decembro.
Podedes revisar o calendario escolar aquí.
Estimadas familias,
Hoxe ás 17:00 horas estará no centro a proposta titulada "ESTRAFALARIA" organizada pola ANPA e a asociación O GRILO en colaboración co Concello de Arteixo.
En principio, se o tempo acompaña, a actividade será no cuberto exterior e podedes vir un adulto acompañando á nena ou neno. De ter mal tempo, pasaremos a proposta ao Espazo Fedelleiro, no que poderán acceder os nenos e nenas e serán supervisados pola ANPA.
Animádevos a vir!
Estimadas familias,
Este luns 29 de novembro recibimos no centro á compañía de teatro TRINKE-TRINKE co seu contacontos "O ratiño presumido".
Con esta actividade pechamos as propostas realizadas nestas datas sobre a igualdade e contra as violencias machistas.
É unha actividade subvencionada por parte do Concello a través do CIM.
Estimadas familias,
O pasado 24 de novembro puidemos desfrutar no cole dunha actividade de Maxia pola igualdade grazas á ANPA do centro.
Todo o alumnado gozou con Fani Triana o o seu espectáculo.
Moitas grazas á ANPA pola súa proposta.
Estimadas familias,
Queríamos facervos chegar información sobre as actividades programadas polo CIM do Concello de Arteixo na conmemoración do 25N.
O propio día, xoves 25 novembro, terá lugar o acto institucional coa lectura do manifesto en contra da Violencia de Xénero que será lido no Pleno Municipal, ás 12.00h., no cal estará presente toda a corporación municipal.
O venres 26, hai programada unha obra de teatro, titulada Insubmisión. Será ás 20:00h no Centro Cívico Cultural de Arteixo.
Xa o sábado 27 de novembro teremos unha nova edición da Andaina contra a Violencia de Xénero, a cal non se puido celebrar no ano 2020 pero que recuperamos con moitas ganas. Trátase dun acto de sensibilización, reivindicación e apoio a todas as mulleres sobrevivintes da violencia de xénero. Faremos un percorrido duns 4km de dificultade baixa polas rúas do concello. Está indicado para toda a poboación. Para participar é preciso inscribirse a través do seguinte enlace:
https://www.inscribirme.com/iiiandainacontraaviolenciadexeneroconcellodearteixo
ou directamente no CIM (Avda do Balneario, 10- baixo- 981601415). A Andaina rematará coa actuación musical da arteixá Silvia Penide e cunha chocolatada.
Xa para rematar, informamos que acabamos de estrear unha APP interactiva "CONECTA CON SENTIMENTO" dirixida principalmente á xuventude co obxectivo de previr a violencia entre a xente moza, dándolles ferrramentas para poder detectala e recursos a onde acudir de ser preciso. A aplicación inclúe un test para que a rapazada poida detectar indicadores de abuso nas súas relacións de parella e ter información sobre relacións saudables basadas no respeto e igualdade. Está dispoñible para ser descargada desde as plataformas de Android e APPLE.
Agardamos que esta información sexa do voso agrado e que poidamos contar coa vosa participación en todas elas.
Estimadas familias,
Recordámosvos que este luns 22 de novembro serán as votacións para elexir os representantes de nais e pais do Consello Escolar de 16:30 a 19:30 horas.
Animámosvos a participar xa que a elección dos representantes de nais e pais no Consello Escolar é unha forma importante de participación na vida do centro.
Boa fin de semana!
Estimadas familias
Dende o CRF A Coruña en colaboración co Concello de Arteixo programouse un obradoiro coas familias no que teremos o pracer de contar con Nélida Zaitegui.
Será o próximo mércores 17 de novembro de 18:00 a 19:30 horas no Centro Cívico Cultural de Arteixo
Contará con servizo de ludoteca ao que podedes apuntarvos cubrindo o seguinte formulario
A inscripción faise enviando un correo electrónico ao enderezo educacion@arteixo.org indicando nome e apelidos da persoa participante antes das 14:00 horas o día 16 de novembro.
Animádevos a participar!
![]() |
Estimadas familias,
Parace que chegou o tempo de outono e por fin tivemos ocasión de estrear a roupa de auga cedida polo ANPA para todo o alumnado.
Agracer á ANPA o seu agasallo, imos desfrutar moito con él!
Deixamos unhas fotos da estrea.
O XOVES 28 DE OUTUBRO ÁS 11:30 HORAS PROCEDERASE
AO SORTEO PÚBLICO PARA A
DESIGNACIÓN DOS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL PARA
A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS DE REPRESENTANTES DE PAIS/NAIS AO CONSELLO
ESCOLAR .
Artigo 30 do Decreto 92/1988 segundo redacción dada
polo Decreto 324/1996; DOG do 9 de Agosto
Estimadas familas,
O centro solicitou este ano o cambio dos días de permanencia dos martes ao luns de 16:00 a 19:00 horas.
Este cambio foi autorizado durante esta semana, polo que dende o LUNS 25 DE OUTUBRO as mestras permanecerán no centro os LUNS DE 16:00 A 19:00 HORAS.
Queríamos recordarvos que durante ese tramo horario temos unha hora adicada ás titorías coas familias de 16:00 a 17:00 horas. Para concertar unha cita podedes contactar coa titora.
Un saúdo e boa fin de semana!
Estimadas familias,
Recordámosvos que o vindeiro luns 11 de outubro non hai clase por ser o Día do Ensino e tampouco o 12 de outubro como festivo nacional.
Podedes revisar o Calendario Escolar 21-22 AQUÍ
Estimadas familias,
Onte inaugurouse no centro o servizo de comedor xestionado pola ANPA.
Deixamos unhas fotos do acontemento, e queríamos agradecer tanto ao Concello de Arteixo como a ANPA o traballo realizado para poder contar co servizo na escola.
Estimadas familias,
Adxuntamos información sobre as axudas publicadas polo Concello para o material didáctico.
O prazo está aberto ata o 20 de outubro.
Estimadas familias,
Deixámosvos información sobre o proceso para darse de alta como socios e socias da ANPA da escola.
Estimadas familias,
Deixamos a vosa disposición a información relativa as axudas e becas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
As solicitudes deberán ser presentadas no centro ata o próximo día 30 de setembro.
https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2021.html
Estimadas familias,
durante o curso 2021-2022 as actividades extraescolares ofertadas polo Concello no centro serán os LUNS de 17:00 a 18:00.
Adxuntamos circular informativa.
Estimadas familias,
queríamos informarvos que o xoves día 9 de setembro retomamos as clases.
As entradas e saídas volverán a ser escalonadas e serán nos seguintes horarios.
ENTRADAS
9:10 5 ANOS
9:15 4 ANOS
9:20 3 ANOS
SAÍDAS
14:00 3 ANOS
14:05 4 ANOS
14:10 5 ANOS
Estimadas familias,
o concello pon en marcha o serzivo de Mañanceiros no centro.
As que esteades interesadas en facer uso do mesmo podedes obter toda a información na ligazón da web do concello
O prazo de inscripción é do 18 ao 31 de agosto!
E por fin chegou o momento dunha paradiña.....
Descansade, desconectade e non perdades o camiño!!!!!
Vémonos de novo o 9 de setembro
As familias dos nenos/as que marchan para Galán podedes acceder á súa páxina web para ter a información das axudas de libros e material:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/
Las familias de los niños/as que marchan para Galán podeis acceder a su página web para tener la información de las ayudas de libros y material:
Todas as solicitudes presentadas foron admitidas.
A información contida neste listaxe só pode facerse pública:
Sabías que Setestrelo é o nome tradicionalmente dado en Galicia ao asterismo da Osa Maior debido a que ten sete estrelas ben visibles? Noutras culturas este asterismo tamén é coñecido polo nome de Gran Carro ou o Cazo.
Pero ademais é o nome escollido para unha agrupación que aúna un corpo de música e baile tradicional espectacular que nos presentará este venres 7 de maio ás 20:00 h o seu espectáculo O Camiño, un percorrido polas diversas rutas xacobeas, levado a escena cunha combinación de fotografía, vídeo, presentación teatralizada, canto e música.
Setestrelo pretende levar ao público a fantasía de facer o Camiño de Santiago desde a súa butaca e poñer en valor a música tradicional e mostrar a riqueza paisaxística e monumental de Galicia. Con ese fin, interpretan pezas tanto das zonas por onde transcorren os camiños como das súas áreas de influencia, músicas de autor e temas compostos para ese camiño en concreto.
Para todos os públicos
Custo da entrada: 6 € (4,50 € prezo reducido)
Venda de entradas: o día da función de 11:30-13:30 e de 18:00-20:00 h na billeteira do CCC de Arteixo ata completar a capacidade da sala
Con este espectáculo a Concellaría de Cultura inaugura o PROGRAMA CULTURAL MANUEL MURGUÍA que terá lugar en maio, mes das Letras, e mes no que se celebra o 30º Aniversario do Certame de Narracións Breves Manuel Murguía.
Todas as solicitudes presentadas foron admitidas.
A información contida neste listaxe só pode facerse pública:
Lembramos que as vacacións de Semana Santa van dende o 29 de marzo ata o 5 de abril, ambos inclusive.
Recordamos que las vacaciones de Semana Santa van desde el 29 de marzo hasta el 5 de abril, ambos inclusive.
O venres 19 de marzo é festivo e non haberá clase.
Máis info:
El viernes 19 de marzo es festivo y no habrá clase.
Más info:
Recordamos que las vacaciones de Carnaval van desde el 15 de febrero hasta el 17 de febrero, ambos inclusive.
Entre o día 11 de xaneiro e o 8 de febreiro o alumnado de 6º de Educación Infantil ten que presentar neste centro o IMPRESO ED550A correspondente á reserva de praza no centro adscrito.