jueves, 19 de noviembre de 2020

Iniciativas do CIM de Arteixo ante o 25N


    O Concello de Arteixo pon en marcha a campaña de sensibilización e repulsa contra a violencia de xénero que inclúe:

  • "REDES SOCIAIS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO": todas as persoas que o desexen poderán enviar, cada día, unha fotografía que represente distintos tipos de violencia con un lema para o seu rexeitamento. As fotografías enviaranse ao messenger da páxina de facebook do Concello de Arteixo (https://www.facebook.com/ConcellodeArteixoOficial/) ou ao correo redes@arteixo.org Todas as fotos publicadas, ao menos unha cada día, terán como obsequio un chubasqueiro, que deberán de vir a recoller ao Centro de Información ás Mulleres.
  • Proxecto "ELAS NO CENTRO". Campaña de sensibilización e concienciación en materia de igualdade e prevención da violencia de xénero, na que participaron mulleres do noso concello tratando de visibilizar e de aumentar a conciencia social sobre as diferentes violencias contra as mulleres. Xa se pode ver o vídeo resumo nas redes sociais do Concello. O día 25 de novembro publicarase o documental íntregro.
  • DE FRONTE á violencia de xénero. A través da mesma póñense en marcha unha serie de actividades dirixidas tanto á poboación adulta como infantil, con ferramentas como vídeos, contacontos, concurso de poemas, recursos de literatura para todas as idades, etc. De estar interesada/o podes atopar toda a información da campaña no seguinte enlace: https://defronte.gal
  • A Concellaría de Cultura, dentro do Outono Cultural, ten programados no Centro Cívico Cultural de Arteixo eventos relacionados con esta temática para os seguintes días:
  • - Venres 20 novembro: Obra de teatro, Anatomía dunha Serea, da compañía Chévere, ás 20.30h.
    - Venres 27 novembro: Espectáculo musical do grupo Zënzar, cun repaso á música contemporánea e ó papel da muller nel. Tamén será ás 20.30h.



No hay comentarios:

Publicar un comentario