martes, 14 de mayo de 2019

RECIBIMOS AOS NENOS E NENAS DE A GALIÑA AZUL

Hoxe tivemos a visita dos nenos e nenas da GALIÑA AZUL DE PASTORIZA.

Recibíronos tres nenos e nenas da nosa escola para explicarlles como era o centro, e tamén Katrina, a nosa especialista en inglés.

Gozaron co conto "Five little ducks" e coa canción relacionada co mesmo.
Tamén visitaron as clases e compartiron momentos de xogo cos nenos e nenas de Barrionovo.





Como agasallo levaron a silueta dun parrulo deseñada polos nenos co Doodle3D e dous códigos QR con links á canción e a esta entrada.
Moitas grazas pola vosa visita!

No hay comentarios:

Publicar un comentario