miércoles, 14 de mayo de 2025

II MERCADIÑO SOLIDARIO

 

II MERCADIÑO SOLIDARIO

 

Estimadas Familias da EEI Barrionovo:

 

Dende a ANPA BARRIONOVO queremos informar da celebración do II MERCADIÑO SOLIDARIO que imos realizar o vindeiro luns día 26 de maio de 2025 no Patio da Escola Infantil de Barrionovo, en horario de 17:00 a  18:30h.

 

- O obxectivo deste Mercadiño Solidario é recaudar fondos para o Comedor da Escola Barrionovo.

 

- Os xoguetes estarán expostos no Patio o día do Mercadiño Solidario no horario antes indicado.

 Poderán levarse a cambio dun donativo de 5€/xoguete.

 

- Esta é unha  actividade  aberta para todas as familias da Escola e a veciñanza de Pastoriza e área de influencia.

 

- Entre todas as persoas que colaboren con donativo sortearas un REGALO SORPRESA ó final da actividade.

 

 

 

 


 

 

 

II MERCADILLO SOLIDARIO

 

Estimadas Familias de la EEI Barrionovo:

 

Desde el ANPA BARRIONOVO queremos informar de la celebración del MERCADILLO SOLIDARIO  que vamos a realizar el próximo lunes día 26 de maio de 2025 en el Patio de la Escuela Infantil de Barrionovo, en horario de 17:00 a 18:30h.

 

- El objetivo de este Mercadillo Solidario es recaudar fondos para el Comedor de la Escuela Barrionovo.

 

- Los juguetes estarán expuestos en el Patio el día del Mercadillo Solidario en el horario antes indicado.

Se podrán llevar a  cambio de un donativo de 5€/juguete.

 

- Esta es una actividad abierta a todas las familias de la Escuela y al vecindario de Pastoriza y área de influencia.

 

- Entre todas las personas que colaboren con donativo se sorteará un REGALO SORPRESA al final de la actividad.

lunes, 5 de mayo de 2025

AXUDAS NEAE CURSO 25-26


 Becas NEAE para o curso 25-26

Estimadas familias, queremos informarvos nas novidades sobre as Becas NEAE 25-26:

  1. SOLICITUDE ONLINE na páxina do ministerio
  2. Cubrides todo online dentro do prazo (30 de abril-11 de setembro) e gardades o resguardo. Importante resvisar a autorización de comprobación de datos.
  3. A administración recibe e revisa as solicitudes.
  4. IMPORTANTE: se atopan algunha incidencia contactarán directamente convosco e teredes 10 días hábiles para resolvela. NA SOLICITUDE TEDES QUE POÑER UN E-MAIL QUE REVISADES HABITUALMENTE POR SE PRECISAN POÑERSE EN CONTACTO.
  5. Logo a solicitude chega ao centro, revisamos e pode ser que se falta algo o solicitemos á familia.
  6. Se pedides axuda por reeducación, linguaxe ou altas capacidades teredes que entregar cando se solicite o informe do centro ao que acude.
  7. Poderedes revisar o estado da solicitude na páxina do Ministerio no apartado "Mis expedientes"
  8. Se a administración precisa máis información poden contactar para realizar un trámite de audiencia (teredes 15 días para responder)
  9. A resolución final estará dispoñible na páxina do Miniterio e recibiredes un correo para avisarvos da publicación da mesma.
  10. O diñeiro será ingresado ca conta facilitada na solicitude.

Prazo presentación do 30 Abril ao 11 de Setembro de 2025

Toda á información no seguinte enlace: