ELECCIÓNS DOS REPRESENTANTES DE NAIS. PAIS, E TIROES LEGAIS AO CONSELLO
ESCOLAR
CONVOCATORIA
De acordo coa
Resolución do 10 de setembro de 2024 conxunta da Dirección Xeral de Centro e
Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e
Innovación Educativa pola que se establece o calendario para a celebración de
leccións de membros dos consellos escolares nos centros de educación non
universitario (DOG 18 setembro 2024) a XUNTA ELECTORAL deste centro, en virtude
das atribucións que lle son conferidas pola lexislación vixente, dispón a
convocatoria de eleccións ao Consello Escolar, SECTOR DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS E ALUMNAS, segundo as seguintes
normas:
1.
De acordo co disposto no artigo 41 do Decreto
374/1996, do 17 de outubro (DOG do 21), redactado conforme ao establecido na
disposición adicional terceira 1. Do Decreto 7/1999, do 7 de xaneiro (DOG do
26), corresponde elixir no presente proceso electoral a DOUS pais/nais, dun total de dous que debe ter o Consello
Escolar. UN ten que ser proposto
pola asociación de nais e pais.
2.
Son
electores todos os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais do alumnado
matriculado no Centro incluídos na Censo Correspondente que a partir do día da
data está exposto no taboleiro de anuncios. As reclamacións ao referido Censo
realizaranse mediante escrito razoado dirixido á Xunta Electoral, ata ás 14:00
horas do día 8 de novembro.
3.
Son
elixibles os pais e nais ou, se é o caso, os titores legais, que formulen a súa
candidatura oficial segundo o modelo que se facilitará na Secretaria do Centro.
As candidaturas poderán ser presentadas
a partir do día 31 de outubro ata as 14:00 do día 8 de novembro.
4. O sorteo dos membros da mesa electoral realizarase
en acto público, entre os pais e nais que non se presenten como candidatos, o
día 11 de novembro, ás 9:30 horas. Dita mesa electoral está composta pola
Directora do Centro, que actuará como Presidenta, e catro pas/nais ou titores legais, actuando de
secretaria ou secretario o de menor idade.
5.
A campaña electoral comprenderá dende o 11 ao 17 de
novembro. Ambos días
inclusive. As dependencias e servizos do Centro estarán a disposición dos
candidatos, previa petición ao presidente da Xunta Electoral, sempre que o seu
uso non altere o normal funcionamento educativo do Coleixo.
6.
Poderán
actuar como supervisores da votación os pais , nais ou titores legais dos
alumnos matriculados no Centro que sexan propostos pola ANPA ou, no se defecto,
que estean avalados cando menos pola firma de 10 electores.
7.
As votacións realizaranse neste Colexio Público o
día 18 de novembro de 16:00 a 18:00 horas. A mesa electoral será constituída o mesmo día, en acto
público, ás 15:45 horas.
8.
Na
papeleta de votación cada elector fará constar un máximo de dous nomes dos
candidatos presentados, debendo acreditar a súa personalidade a hora de votar,
mediante a exhibición do D.N.I ou documento similar, O voto será directo,
secreto e non delegable e non se admitirá o voto por correo.
9.
Teñen
dereito ao voto o pai e nai ou, se é o caso, o titor legal doa alumnos ou
alumnas.
10. Finalizada a votación procederase ao escrutinio dos
votos, que será público, e unha vez realizado, levantarase acta para o seu envío
a Xunta Electoral do Centro.
11. A Xunta Electoral do Centro resolverá as dúbidas e
reclamacións que se poidan formular.
Arteixo 23 de outubro de 2024.
A Presidenta da Xunta Electoral,
Asdo:

Alba Presedo Arnoso